Manuel Grandal Anca
Fecha Miércoles, 21 octubre a las 19:27:34
Tema PHP-Nuke


Manuel Grandal Anca (Fene, 1962) leva máis de dúas décadas no sindicalismo nacionalista, ainda que agora, por primeira vez, encabeza unha candidatura que concurrirá ao vindeiro congreso comarcal da CIG, que se celebrará a finais de novembro. Secretario da sección sindical de Navantia Ferrol, forma parte dunha parte da executiva comarcal que mantén un constante e cada vez máis crecente enfrontamento co actual secretario, Xesús Anxo López Pintos co que, si o diálogo non o remedia, se medirá nas urnas. Promete recuperar o espíritu máis reivindicativo no sindicato, primar unha «transparencia» que di que perdeu a central e sacar a CIG da Asociación Impulsora do Plan Ferrol.


© La Voz de Galicia


-¿Cando e por que decide encabezar esta lista?
-A raíz da última asamblea comarcal, da actitud que tomou quen ganou o proceso por unha diferencia mínima de votos, vimos que o seu gran obxectivo era dilapidar a quen perdera a asamblea comarcal. Nós intentamos por todos os medios chegar a acordos, é certo que non o conseguimos. A gota que colmou o vaso para que este grupo de compañeiros decidiramos presentar unha candidatura foi certas actuacións sobre decisións político-sindicais que afectaban a comarca, e mesmo a opacidade que se estaba dando na xestión. Os compañeiros plantexaron que fose eu quen encabezara a candidatura por dous motivos: pola experiencia que me acredita e porque entenden que con este tempo que levo no sindicalismo en Navantia, que entre outras cosas tamén participei na fusión de INTG-CXTG, podía ser a persoa para formar un equipo que tratara de recuperar a CIG, non afondar nas feridas senón tratar de recuperar a cordialidade.
-Fala da vontade de chegar a acordos, pero o certo é que nestes últimos catro anos, a brecha dentro da CIG, lonxe de desaparecer, cada vez é maior. ¿Qué autocrítica fan vostedes e cál cree que é a culpa da dirección da central?
-Nós intentamos sempre un entendemento pero dende un primeiro momento nos apartaron de todas as responsabilidades da central. Todas as xuntanzas que tivemos, agás a última, foron mediadas por responsables do sindicato a nivel nacional. Cicáis nunca é suficiente o esforzo que se fai pero o secretario comarcal mantén unha postura de certa prepotencia.
-Pero o actual secretario comarcal, Xesús Anxo López Pintos, fixo un chamamento a semán pasada para tratar de confeccionar unha candidatura única. ¿A rexeita?
-Antes e despois deste proceso estou aberto ao diálogo. Tivemos unha reunión, pero a única posibilidade que se nos plantexou para que houbera un acordo era asumir que Pintos fose secretario comarcal. Creemos que hai moitas saídas pero a condición sine qua non que pon é que él ten que ser secretario comarcal. Estamos dispostos a explorar todas as vías pero non podemos admitir unha negociación condicionada.
-¿Cáles son os principais obxectivos da súa candidatura?
-Recuperar os principios básicos da central: respetar o pluralismo e non tratar de dilapidar a ninguén. A pluralidade é enriquecedora, ainda que ten que traer consigo o respeto ás decisións dos organismos do sindicato. Como non hai debate, hoxe a CIG é un reino de Taifas. Somos a primeira forza da comarca pero non nos estamos dando a valer liderando movilizacións e poñendo alternativas aos problemas enriba da mesa.
-A participación na Asociación Impulsora do Plan Ferrol e a postura ante a Iniciativa Lexislativa Popular por Astano son os dous asuntos de máxima confrontación.
-O Plan Ferrol solo serviu para anestesiar esta comarca. É a primeira vez que a CIG, tras unha reconversión, participa nun chiringuito dese tipo. Mesmo veu a avalar os orzamentos do Estado para a comarca, é esperpéntico. Se gañamos, sairemos da asociación do Plan Ferrol, porque demostrouse que non ten futuro. E sobre o respaldo a Iniciativa Lexislativa por Astano, non foi a debate nos organismos da CIG solo pasou pola executiva e se impuso non participar co único argumento de que ven de donde ven e que é labor do Parlamento.

Link: VONLine - J.M.F.C.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=573