Máis de seiscentas palilleiras
Fecha Domingo, 18 octubre a las 12:51:17
Tema PHP-Nuke


Máis de seiscentas palilleiras procedentes de toda Galicia pero tamén doutras comunidades como Asturias ou León participaron onte na sexta xuntanza que organiza anualmente a Asociación de Amas de Casa da vila.


© CRTVG 2009


A primeira hora da mañá comezaron a chegar os grupos máis madrugadores que pouco a pouco foron facéndose un oco no polideportivo cedeirés. Así, arredor das dez da mañá o particular soniquete dos bolillos xa chegaba a todos os recantos do recinto. Mulleres de todas as idades, nenos e tamén algún que outro home (aínda que polo momento a súa presenza neste tipo de encontros todavía é anecdótica) intercambiaron ó longo da xornada técnicas, segredos, trucos e todo tipo de curiosidades sobre o mundo do bolillo e do encaixe en xeral. Como xa é tradición en Cedeira, a media mañá para animar a cita tivo lugar o primeiro dos sorteos entre todos os participates. Utensilios de cociña, abrigos, cosmética ou produtos típicos da vila como as súas empanadas foron algúns dos agasallos que se repartiron ó longo do día. Ademais, tamén houbo premios para o grupo máis numeroso (con cincuenta palilleria chegadas da escola de María Jesús de Vigo); a de máis lonxe, Soledad Rubio, de Asturias; os máis novos, Sheila e Ramón de 10 e 13 anos respectivamente, e tamén para a máis veterana, Lola Rodríguez, de 89 anos.Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=569