Portos solicita de novo o proxecto modificado
Fecha Sábado, 17 octubre a las 09:05:33
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia, da Consellería do Mar, volveu a solicitar á adxudicataria das obras do porto deportivo de Cedeira -a unión temporal de empresas integrada por Comercial Internacional e Bardera Obras Civís e Marítimas- o proxecto modificado da actuación. Xa o fixo antes do verán, pero o organismo non recibiu o docmento. Agora Portos volveuno a reclamar.

O proxecto do porto deportivo remóntase ao 2005, cando o docmento inicial foi adxudicado. Portos prevía poder iniciar as obras no ano 2007, pero o proceso atrasouse debido ao aluvión de alegacións que se presentaron na recta final dese ano. Foi a confraría de pescadores de Cedeira a que liderou a principal oposición, pois entendía que a actuación era incompatible coa creación dunha reserva mariña, a segunda de Galicia.

Foi a finais do pasado abril cando a nova Xunta daba o visto e prace definitivo ao estudo de impacto ambiental do proxecto xa modificado, que incluirá 278 puntos de atracada para barcos de entre 6 e 16 metros de eslora, 133 menos do previsto inicialmente.

Tras o novo requirimento, desde Portos de Galicia apuntan que esperan recibir o proxecto modificado «nos próximos días». O edil de Turismo de Cedeira, o nacionalista Alfredo del Río, insiste na necesidade de executar as obras e recorda «un compromiso adquirido polo anterior presidente de Portos, Jacinto Parga. Díxonos que se a ute non executaba os traballos, o faría a Xunta».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=566