'Matar por Matar, Non'
Fecha Viernes, 16 octubre a las 18:38:19
Tema PHP-Nuke


Matar por Matar NON, xurdiu como un colectivo cívico co gallo da celebración de diversos campionatos de “caza de raposo”, en diversos lugares da nosa comunidade, mediante os que se pretendía, e pretende, facer desta actividade cruel e depredadora unha actividade “deportiva” na cal o gañador é quen mate mais animais...

O movemento segue e pretende:
Que se regule adecuadamente a caza para que sexa compatible con a conservación da natureza e a utilización pacífica do monte.
Que deixe de ser un causa mais de depredación de especies e degradación da natureza
Que deixe de considerarse un deporte xa que vai contra todos os saudábeis principios que o deporte trata de promover.
Que a súa practica sexa limitada no espacio e no tempo para que os visitantes pacíficos da natureza tamén poidamos saír ó monte sen perigo.

Información ao cidadán e leis

Temas:  -Maneira de segregar fincas de un "Tecor" -Se vostede non quere segregar esixa que lle paguen por utilizar as súas fincas -Onde se caza e por qué o fan neses lugares -¿Qué dereito teñen uns cazadores a utilizar as propiedades de terceiros para o seu beneficio? -Lugares onde non se pode cazar nin circular con armas -Saiba máis sobre a caza



Maneira de segregar fincas de un “Tecor”.

Seguramente están a cazar en fincas de súa propiedade e sen o seu consentimento. Se vostede quere rematar con esta situación saiba que nas súas fincas manda vostede e todo o que nelas hai é de súa propiedade, incluídos os animais que nelas viven. _O modo de impedir que cacen nas súas propiedades é segregar as súas fincas do “Coto” ou do “tecor” no que se atopan.
As fincas segregadas pasan a ser “refuxios de fauna” e nelas non se pode cazar nin entrar con armas.
O final deste escrito hai un docmento onde lle explicamos cómo se fai, así como o modelo de escrito para solicitar a segregación.

 Se vostede non quere segregar esixa que lle paguen por utilizar as súas fincas.
No resto de España a caza é un medio de vida para algúns propietarios de terras que cobran por permitir que se cace nelas. En Galicia, con raras excepcións, o negocio é para os que cazan gratis nas terras dos outros.
En Zamora ou en Extremadura un cazador debe pagar case 400 Euros, por día, para cazar nunha finca habilitada como zona de caza. Isto non só lle reporta un rendemento ós propietarios senón que, ademais, permite que se coiden as fincas e se repoña e se críe caza para este negocio que, aínda que cruel, a lo menos impide que se cacen animais silvestres e estes desaparezan.
Estamos a informar aos propietarios de fincas para que esixan que lles paguen polo dereito a cazar nelas, igual que se fai no resto de España.
Os dereitos de caza teñen un valor que os propietarios deben cobrar, xa que é unha utilización de súa propiedade, igual que todo o que nela se atopa, froitos, cepas, herba, leña.. etc.
Tamén hai que ter en conta que os animais que outros cazan, son alimentados por estes veciños durante o ano todo, porque lles comen o millo, e outros productos que están sementados nas leiras. Motivo demais para que o dono das fincas sexa retribuído xustamente.
Póñase en contacto connosco ou coa directiva do “Tecor” no que se encontren as súas fincas, e faga un trato con eles para que lle paguen por cazar nelas. Se se negan, segregue as súas fincas do “Tecor”. Aconsellamos que traten do asunto na asociación veciñal e fagan as xestións varios veciños ó mesmo tempo.

Onde se caza e por qué o fan neses lugares

A caza normalmente practicase en terreos recoñecidos como zonas de caza, perante Medio Ambiente, por un grupo de cazadores que o solicitan. Poden ser ”Cotos de caza” ou “Tecores” ademais de outros como “Terreos Cinexético Deportivos”, etc. Tamén hai lugares onde non se pode cazar como as “zonas de seguridade” e os “refuxios de fauna” entre outros. Un “Coto de caza” de toda a vida, é un lugar delimitado e adxudicado a unha sociedade de cazadores, no que cazan os socios e, suponse, deben coidar de repor animais, levar un control das especies e dos individuos, alimentálos, etc. Sabemos que, en moitos casos e con algunha exemplar excepción, estes controles e coidados do medio a da fauna non se dan. O Coto e o “Tecor” diferéncianse en que o “Coto” ten máis de 500 hectáreas e o “Tecor” precisa ter máis de 2000 hectáreas.

¿Qué dereito teñen uns cazadores a utilizar as propiedades de terceiros para o seu beneficio?

O caso é que a Administración permite que esto sexa así (estamos tentando que se modifique a lei de caza neste punto).A Xunta esixe que os cazadores presenten a autorización firmada de un 75% dos propietarios, para facer un coto ou un “Tecor”. Estas autorizacións deberán ser a lo menos por 5 anos e un máximo de 25 anos (hasta hai poucos meses o máximo era de 15 anos, o dos 25 anos foi unha concesión máis ós cazadores e estamos pedindo a súa modificación na lei de caza). O outro 25% de propietarios son incluídos mediante o anuncio público de que lles van incluír as fincas e, se non din nada en dous meses, as súas fincas pasan a estar tamén no coto ou no “tecor”. No caso de que algún propietario non vexa este anuncio e despois queira quitar as fincas do “coto” ou do “tecor” pode facelo, mediante a “segregación de fincas” que explicamos antes como se fai. Evidentemente consideramos que esto é case unha incautación das propiedades. É como se a alguén lle quitasen as uvas da viña mediante un anuncio no Concello para que diga que non, e se non ve o anuncio , quítanlle as uvas. Estamos incluíndo este asunto na modificación da lei de caza. Tamén estamos a esixir que, mentres non se modifique a lei de caza, quen segregue as fincas e faga todas as xestións, sexan os directivos do “coto” ou do “tecor” responsable, xa que o propietario lexítimo non ter porque resolver un problema que lle criaron os cazadores pro seu interese.

Lugares onde non se pode cazar nin circular con armas. ­

Hai varios lugares onde a caza non está permitida aínda que estes lugares estean dentro dun “coto” ou dun “tecor”. Os máis importantes son as “zonas de seguridade” e os “refuxios de fauna”. 
Os “refuxios de fauna” son as fincas segregadas dun “coto” ou “tecor”, así como outras que Medio Ambiente considere de interese para darlles esta categoría. Neles non se pode cazar nin circular con armas cargadas.
As zonas de seguridade son lugares onde a caza non está permitida por diversas razóns, ente elas a máis importante é a seguridade de terceiras persoas que andan polo monte ou polos camiños, así como cerca dos lugares habitados.
Vexa o que di a lei de caza sobre o asunto e, no caso de que vexa un cazador dentro deses lugares, onde está en xogo a súa integridade como cidadán pacífico con dereito a circular libremente e sen perigo, chame inmediatamente ó SEPRONA, o servicio de protección do Medio Ambiente da Guarda Civil, e denuncie o caso, a ser posible con testemuñas.

Saiba máis sobre a caza:
Os enlaces que seguen van levalo á lei de caza e á orden de vedas, ademáis pode consultar tamén os análises que facemos desta lei nos apartados “modificación da lei de caza” e “comentarios á orden de vedas”.

Link: http://matarpormatarnon.org/






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=565