Medio Rural publica a guía informativa “A caza en Galicia”
Fecha Viernes, 16 octubre a las 18:28:19
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Medio Rural ven de publicar a Guía Informativa “A Caza en Galicia” correspondente á tempada 2009-2010, que comeza oficialmente pasado mañá, domingo día 18. Trátase dunha publicación que sae do prelo con carácter anual, moi popular entre os afeccionados á práctica cinexética, que se distribúe en colaboración coa Federación Galega de Caza, así como por medio dos axentes forestais da Consellería do Medio Rural e en armerías e tendas especializadas. A través de 46 páxinas, a guía –da que se tiraron un total de 30.000 exemplares– resume, co apoio de preto de 70 imaxes, gráficos, mapas e táboas, a información actualizada sobre a normativa vixente, especies, métodos e limitacións xerais para desenvolver esta actividade.

Na guía, a toda cor e de fácil manexo, resúmense os contidos da Orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado día 5 de agosto pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2009-2010. Esta norma de vedas regula, en cmprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, de caza de Galicia, os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma no referido período. Segundo o establecido por esta Orde –tal e como tamén se lembra na guía– o período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 18 de outubro de 2009 e 6 de xaneiro de 2010, ambos inclusive. Os días da semana nos que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor.

Limitacións

Entre as limitacións, en canto a pezas de caza, explicítase que nunca poderán incluírse como tales as femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías; os machos inmaturos de corzo, cervo ou gamo ou os machos adultos que efectuasen a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza. Ademais, determínase que tódolos animais de caza maior que fosen abatidos deberán ser identificados mediante unha precintaxe que lles será facilitada aos titulares dos terreos cinexéticos pola Consellería do Medio Rural, logo do pagamento da correspondente taxa.

[NOTA: Para máis información, pódese descargar a guía en formato pdf no seguinte enlace: http://unitega.files.wordpress.com/2009/10/folleto-caza-0910.pdf] .

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=564