Anuncio de aprobación inicial do presuposto do exercicio 2009
Fecha Jueves, 15 octubre a las 10:19:05
Tema PHP-Nuke


PRESUPOSTO XERAL DO EXERCICIO 2009

Na Intervención deste Concello e conforme dispoñen os artigos 112 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, áchase exposto ao público o Expediente sobre Presuposto Xeneral para o Exercicio 2009, aprobado inicialmente pola Corporación en Pleno en sesión celebrada o día 29 de septembro de 2009.

Os interesados que estean lexitimados segundo o disposto nos artigos 63.1 da Lei 7/1985 citada e 170.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, ao que se fixo referencia, e polos motivos taxativamente enumerados no número 2 do devandito artigo 170, poderán presentar as reclamacións e suxestións que estimen pertinentes ante o Concello Pleno por un prazo de quince días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

O alcalde
Asdo.: Jose Luis Vergara Rey
Cedeira, 06 de outubro de 2009

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=560