Palacete Municipal - Sala de Exposicións
Fecha Viernes, 27 febrero a las 23:22:19
Tema PHP-Nuke


REGULAMENTO E CONDICIÓNS DAS EXPOSICIÓNS DE
OBRAS ARTÍSTICAS NO PALACETE MUNICIPAL DO
CONCELLO DE CEDEIRA.


1. Tódalas solicitudes deberán estar *****primentadas e asinadas po-los solicitantes con anterioridade ó día 1 de Abril de 2009.
2. O período de exposición será dun máximo de 30 días x Obra/Artista, con
excepción do mes de Agosto no que será dun máximo de 15 días x Obra/Artista.
3. No mes de Agosto terán preferencia as Exposicions colectivas de artistas
cedeireses,ou de fora de Cedeira que teñan presente na súa obra á Ría,Vila e Terra de Cedeira.
4. As exposicións colectivas serán dun máximo de 10 artistas,reservándose a
Concellería de Cultura a posibilidade de variar o número según-do as necesidades e posibilidades da sala de exposicións.Máximo de 15obras por artista,atendendo proporcionalmente ás dimensións das mesmas.
5. A sala de exposicións estará a disposición do artista/artistas prá montaxe das obras,durante o día anterior á inauguración da exposición.Nas exposicions
individuais o encargado da montaxe e desmontaxe da instalación artística,será o propio artista supervisado po-lo Responsable de Exposicións da Concellería de Cultura.No caso das exposicions colectivas o encargado da distribución e colocación das obras,será o Responsable de Exposicións da Concellería de Cultura coa colaboración dos artistas/expositores.
6.Horario da sala de exposicións:
de Luns a Sábados po-las tardes de 17:00b. a 20:00b.
Domingos po-la mañán de 12:00b. a 14:00b.
7. Tódo-Ios artistas deberán informar previamente do contido e temática da obra a expoñer,reservándose a Concellería de Cultura o dereito de admisión das solicitudes de exposición cuio contido poida resultar lesivo ós intereses da
Institución,colectivos ou individuos do Concello de Cedeira,podendo variar
horarios e lugar de exposición no caso de que os contados non sexan aptos para menores (contidos violentos,pornogrfía explícita ... )
8. Limpeza e mantemento da sala de exposicións. A sala de exposicións será
atendida 1día á semana po-lo persoal de limpeza do Concello de Cedeira.
9. Teléfonos de información:
Oficina municipal de Información e Turismo: 981 48 21 87
Concellería de Cultura,Xuventude e Deporte: 981 480000
10. É requisito indispensable prá utilización da sala de exposicións,a total
aceptación de todos e cada un dos puntos do presente regulamento.O
in*****primento de calquera destes pode ocasionar a suspensión ou anulación da exposición.

Preme aquí pra descargar o formulario e o regulamento.



Link: Concellería de Cultura - Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=56