Adhesión á Mancomunidade de Concellos
Fecha Jueves, 15 octubre a las 10:08:57
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira, e no seu nome o seu alcalde, Xosé Luís Vergara, presentou oficialmente a súa solicitude para poder integrarse na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que preside o rexedor Vicente Irisarri.

A petición de inclusión neste órgano supramunicipal foi ratificada por maioría absoluta no pleno da corporación cedeirense do pasado 29 de setembro e responde á necesidade deste municipio de que algúns dos seus intereses sexan mellor xestionados nun ámbito común de traballo.

A integración de Cedeira suporá algúns cambios nos estatutos que rexen este ente, xa que a Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia así o determina. é ao pleno da Mancomunidade a quen corresponderá esta modificación estatutaria. Deste xeito, tal e como informou o alcalde da cidade naval, Vicente Irisarri, a solicitude será estudada na próxima reu-nión que se prevé celebrar este mes de outubro no Concello, aínda que aínda non ten data fixada.

Coa adhesión do municipio de Cedeira, a Mancomunidade de Concellos veríase ampliada sumándose o novo concello aos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Valdoviño, Ares e Mugardos.

O rexedor ferrolán destacou onte o esforzo realizado por todos os alcaldes municipais que hoxe integran este órgano por estreitar vínculos de colaboración entre os municipios que representan de face a afrontar proxectos de diversa índole e dar resposta, así mesmo, a problemas comúns.

Por outra banda, Vicente Irisarri aludiu tamén a que na reunión celebrada o pasado 9 de xuño xa participara, como convidado o alcalde cedeirense, Xosé Luís Vergara, que mostrara o seu interese por algúns dos puntos incluídos na orde do día como o proxecto da TDT (Televisión Dixital Terrestre).

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=557