Concello de Cedeira - ANUNCIO
Fecha Martes, 13 octubre a las 10:18:45
Tema PHP-Nuke


Anuncio.

Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.


Solicitada neste concello por Unión Fenosa Distribución, S.A. (CIF A-82153834) licenza municipal para a actividade de centro de transformación L.M.T.S, C.T.S. na avenida de Castelao (Teodoro Moreda, S.L.U.), en Cedeira, tramítase o expediente de licenza da dita actividade.




En cmprimento co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir o período de información pública por termo de vinte días desde a inserción deste anuncio no DOG, no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.


De conformidade co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio comunícaselle aos interesados aos que non sexa posible notificar persoalmente ou, cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados para todos os efectos, significándolles o prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio para alegar o que consideren oportuno.


O expediente obxecto desta información poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello durante horario de oficina.


Cedeira, 11 de agosto de 2009.

José Luis Vergara Rey
Alcalde


Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=555