Declaración institucional de Terra Galega
Fecha Jueves, 08 octubre a las 21:05:16
Tema PHP-Nuke


Terra Galega súmase á manifestación Queremos Galego e anima aos veciños e veciñas de Galicia a acudir o domingo 18 de outubro a Santiago para participar na mesma.

Queremos manifestar, diante das institucións de autogoberno e como aclaración á sociedade galega, o seguinte:

A situación do idioma galego está moi lonxe de ser igual ao do castelán.
O galego corre perigo como idioma e os galego falantes non son debidamente respectados, correspóndelle ao pobo galego a defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos.

Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a pensar sobre a verdadeira situación do galego na nosa terra.

Para Tega, é una obriga das administración públicas a defensa e promoción do idioma galego, como establecen a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia en 1983 e 2004, respectivamente.

Resulta obvio que os acordos tomados por consenso só deben substituírse por outros igualmente tomados por consenso e, así, Terra Galega esixe que non se adopten medidas lexislativa que supoñan a perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usar e coñecer a lingua galega.

Xermán Tobío

Secretario Xeral de Terra Galega


Link: Terra Galega






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=550