Piscina municipal
Fecha Sábado, 03 octubre a las 10:32:36
Tema PHP-Nuke


A piscina de Cedeira retomará o luns a súa actividade habitual despois dun ano de parón debido ás obras de mellora das instalacións. O concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude do concello cedeirense, Xermán Tobío, lembraba onte que os traballos se prolongaron máis do desexado xa que "unha cousa foi traendo outra". O edil de Terra Galega explicaba que o que nun principio ía ser só o acondicionamento do tellado da instalación deportiva converteuse nunha obra moito maior e máis ambiciosa.

Así, Tobío lembrou que a reparación da cuberta obrigou a iniciar outras melloras como a restauración das caldeiras, que estaban obsoletas; tamén se arranxaron os elementos de cloración, que segundo o edil de Deportes estaban tamén moi vellos e en mal estado. En definitiva, cambiouse todo o sistema de control sanitario do recinto así como as conducións principais do servizo de abastecemento. O sistema de filtrado tamén debeu substituírse, así como o de aspiración. En canto ao azulexo do fondo da piscina, que tamén estaba en mal estado, cambiouse por outro gresite novo, debido a que faltaban algunhas pezas do mesmo.

Así mesmo, como é habitual cando se acomete unha reforma nunha instalación deste tipo, Sanidade debe dar o visto e prace. Por iso, o pasado mércores dous técnicos da Xunta supervisaron xunto a Xermán Tobío a renovada instalación e onte mesmo remitiron ao Consistorio o visto e prace á obra, de modo que se poderá abrir ao público o luns.

Usuarios

Por outra banda, despois dun ano sen usuarios, a piscina retomará a súa actividade con maior número deles que cando pechou. Así, segundo explicou Tobío, "pasouse de 120 usuarios dá piscina e 250 do polideportivo a 300 e 420, respectivamente". Sen dúbida, un incremento moi significativo, alcanzando unha cifra marca.

Talvez teña moito que ver con este éxito de convocatoria o feito de que desde o goberno local decidísese pór prezos económicos. Así, o acceso ao recinto dúas veces por semana -independentemente da idade- custará 6 euros ao mes e 9 se se opta por asistir tres días semanais.

Tobío considera que a mellora das instalacións, o prezo e a renovada oferta de actividades contribuíu ao incremento de usuarios. Entre as novidades que maior acollida están a ter atópanse as clases de Aquagym, Aquaérobic, Saúde na auga e natación para bebés. Trátase de iniciativas especialmente indicadas para persoas con problemas de saúde e mobilidade.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=545