Tobío: “Vai haber fuga de votos a partidos minoritarios”
Fecha Jueves, 26 febrero a las 15:14:28
Tema PHP-Nuke


+Galicia é unha das formacións máis novas do panorama galego, xa que naceu hai un ano para concorrer a estas eleccións. Configurada como unha coalición de partidos, agrupa a xente de Terra Galega, do Partido Galeguista, Centristas Progresistas de Galicia e doutras forzas máis pequenas.


© 2009 +Galicia

Cal é a ideoloxía desta coalición?


Cremos nun centro esquerda galego e moderado, non na liña do BNG. Cun idioma que nos una, non que nos separe, e unha Galicia de negociación e non de enfrontamento.


E a súa primeira iniciativa sería...

Unha ordenación do territorio seria e ben feita, porque en base a ela van vir todas as demais medidas económicas. Tamén a promoción de solo industrial planificado e apoiar aos autónomos, pasalos ao Réxime Xeral da Seguridade Social


Que cualificación lle dá ao bipartito?

Non lles daría o aprobado, aínda que iso non quere dicir que o fixera ben o PP, pero penso que perderon moito o tempo. Estiveron moito a salto de mata, e en vez de previr, estívose sempre reparando.



Como foi que se meteu na política?

Tiven que emigrar para ir completar os estudos fóra, e despois de estar vivindo en Dinamarca, en Noruega, en Suiza, volvín e vin que aquí seguía todo igual. Así que quixen poñer o meu graíño de area para que os meus fillos puideran vivir nun sitio mellor.


Que lle parece como vai a campaña?

Vergoñenta, nós apostamos polo diálogo e por construír, non así os demais partidos que están dicindo que o outro o fixo peor, non están aportando ideas, é moi sucia e moi fea. O cidadán é máis listo do que moitos partidos pensan e vailles dar un castigo grande, cunha abstención considerable e unha fuga de voto dos partidos tradicionais.


Fuxida dos partidos tradicionais que beneficiará aos minoritarios?


Si, eu penso que si, aínda que está aí o famoso 5% para entrar no Parlamento, vainos facer moito dano, porque o Parlamento que sae elixido non é representativo, hai moito voto que vai á papeleira. Pero si, eu penso que vai haber unha fuga de voto cara aos partidos minoritarios.

Link: XORNALONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=54