Entra en vigor a orde que regula a pesca marítima de recreo
Fecha Viernes, 25 septiembre a las 23:37:16
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo. Nel establécense tanto condicións para o exercicio desta actividade de carácter recreativo como as modalidades de licencia e as autorizacións necesarias para a súa práctica. A citada Orde entra en vigor no día de hoxe, 25 de setembro de 2009.
O obxecto desta orde é regular o procedemento para a obtención e renovación das distintas modalidades de licencia que habilitan para práctica da pesca marítima de recreo, de xeito que se busca unha simplificación administrativa neste procedemento. Cabe destacar que no exercicio da pesca nas áreas de desembocadura (límite inferior ata límite superior) establecidas no Decreto 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas da comunidade Autónoma de Galicia, poderase utilizar indistintamente as licencias de pesca marítima ou fluvial.



A nova orde establece ademais os topes máximos de captura aos que habilitan as distintas modalidades de licencia ou autorización, os útiles da pesca, as zonas nas que está prohibido o exercicio da pesca recreativa submarina e o horario da pesca marítima de recreo.

Así, en calquera modalidade de pesca marítima de recreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por licencia e día, podendo non computarse o peso dunha peza que exceda o peso do tope establecido. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido. Para o caso do polbo, o límite será de dúas pezas por pescador e día.

Para utilizar como cebo, os titulares de licencia de pesca marítima de recreo en superficie poderán capturar diariamente un total de 40 cangrexos zapateiros (Pachygrapsus marmoratus) e común (Carcinus maenas), 100 gramos de camaróns, quisquillas, quedando prohibida a captura do camarón común (Palaemon serratus) 50 poliquetos e 200 gramos de pulgas de mar.

A pesca marítima de recreo en superficie poderá realizarse durante todos os días do ano. A práctica da pesca marítima de recreo submariña estará permitida unicamente os sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. No período comprendido entre o xoves e o domingo de Semana Santa, e entre o 1 de maio e o 30 de setembro poderá ser practicada todos os días. Deste xeito amplíase en dous meses o tempo para practicar esta actividade.

A pesca marítima de recreo de superficie desde embarcación e a pesca marítima de recreo submariña, realizaranse dentro do horario diurno, comprendido entre o orto e o ocaso.

Con esta orde, queda derrogada a disposición adicional primeira e segunda da orde do 13 de decembro de 2006 pola que se desenvolve o Plan de recuperación do polbo e se ditan normas para a aprobación de plans zonais.

Link; XONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=535