Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cedeira
Fecha Viernes, 18 septiembre a las 19:50:52
Tema PHP-Nuke


A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cedeira, en colaboración co Club de Mar Neptuno e o Concello de Cedeira, programou unha Limpeza de Fondos Mariños para o vindeiro domingo día 20 de setembro.
A actividade á que acudirán varios mergulladores deste club, desenvolverase a partir das dez da mañá no Peirao de Cedeira, e contará coa axuda de varias embarcacións de Protección Civil e un camión guindastre do Concello de Cedeira.

A limpeza desenvolverase previsiblemente durante toda a mañá e espérase recoller unha cantidade importante de refugallos dos fondos mariños do peirao cedeirense.
Durante a xornada a agrupación sorteará algúns premios entre os participantes así como ao que máis refugallos logre recoller. á finalización da mesma ofrecerase un petisco a todos os mergulladores.
A A.V.P.C. de Cedeira anima a todos aqueles mergulladores que estean en posesión da titulación e experiencia adecuada a unirse a esta limpeza de fondos programada por primeira vez no concello cedeirense.

Link: AVPC Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=530