6 millóns de euros para a contratación de axentes de emprego e des
Fecha Miércoles, 16 septiembre a las 13:14:08
Tema PHP-Nuke


A Consellería de Traballo e Benestar destina un total de 6,3 millóns de euros en materia de axudas e subvencións para que as entidades locais contraten axentes de emprego para o exercicio de 2009, co fin de promover unha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e na xeración de emprego no contorno. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde de axudas, que establece as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, destas axudas, que se enmarcan no ámbito de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e as entidades locais. Os beneficiarios destas subvencións son as entidades locais e entidades públicas dependentes ou vinculadas á Administración local. A distribución dos créditos para o financiamento será directamente proporcional ao número de persoas desempregadas e á evolución do paro rexistrado no período 2004-2008, e inversamente coa evolución da poboación no citado período.

Os axentes especiais de emprego e desenvolvemento local teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial. Así, analizarán a evolución e repercusión das medidas activas de emprego e, por outra banda, colaborarán co resto dos integrantes da rede, na procura da mellora da súa calidade. Entre as funcións destes profesionais, atópanse a prospección de recursos ociosos e infrautilizados, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores; a difusión e estímulo de potenciais oportunidades; acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais, e calquera outra acción que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de emprego. A contía da subvención será equivalente ao 80 por cen dos custos salariais, cun máximo de 27.046 euros anuais. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=528