“La estabilidad de los pesqueros y sus tripulaciones”
Fecha Miércoles, 16 septiembre a las 14:09:51
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar porá en marcha proximamente a mesa de seguridade marítima como foro de intercambio de experiencias, pareceres e coñecementos entre todos aqueles sectores que teñan algo que aportar para mellorar as condicións da actividade pesqueira e os seus buques. Para a conselleira do Mar, Rosa Quintana, “a interrelación entre enxeñeiros navais, pescadores e mariñeiros só pode dar bos froitos; e a esa unión quere sumarse a Consellería do Mar poñendo en marcha unha triple hélice que nos leve a unha maior seguridade para os barcos e para os profesionais da pesca”.

“Será un foro de intercambio de experiencias, pareceres e coñecementos entre todos aqueles sectores que teñan algo que aportar para mellorar as condicións da actividade pesqueira e dos seus buques”, matizou. E engadiu que “os máis de 25.000 traballadores do mar –mariñeiros, mariscadores e acuicultores- serán o principal destino das súas achegas”. Así o anunciou Rosa Quintana na inauguración do Seminario “La estabilidad de los pesqueros y sus tripulaciones” que, dentro dos actos da World Fishing Exhibition, celebrouse hoxe en Vigo. A responsable de Mar recoñeceu que “desgraciadamente, o día a día da pesca revélanos que é primordial avanzar no estudo de aspectos básicos da construcción naval”, e, lembrando o sucedido en días pasados, destacou a importancia e a urxencia de abordar o principio da estabilidade en aras de mellorar a seguridade marítima das tarefas pesqueiras. No seu discurso, Rosa Quintana agradeceu á Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España escollesen a cidade de Vigo para a celebración deste seminario e, neste eido, incidiu en que Galicia –con case 5.000 embarcacións de pesca e 1.160 auxiliares de acuicultura- é o piar fundamental da frota española, agrupando case a metade dos buques pesqueiros abandeirados en España. “Se a estes números lle sumamos as particulares condicións meteorolóxicas nas que faenan estes buques temos un criterio máis de preocupación polo que interesarmos”. Por último, Rosa Quintana amosou o seu apoio e a súa “profunda admiración á labor dos enxeñeiros navais” e insistiu que eventos coma estes contribúen a salvagardar a seguridade e a integridade dos barcos.Link: XONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=527