Xavier Carro (1964, Cedeira) regresa ao Congreso
Fecha Miércoles, 16 septiembre a las 10:24:37
Tema PHP-Nuke


Xavier Carro (1964, Cedeira) regresa ao Congreso, onde foi deputado do 2004 ao 2008, coa defensa da comarca de Ferrolterra e o impulso á chegada do AVE como principais obxectivos.

ENTREVISTA | XAVIER CARRO | Substituto de César Antonio Molina como deputado pola Coruña. © La Voz de Galicia


-Substitúe vostede a César Antonio Molina. ¿Como valora a súa xestión?

-Foi un ministro de Cultura excelente para España e especialmente para Galicia. Quero recordar como elemento importante da súa xestión a incorporación do galego aos institutos Cervantes de todo o mundo. Unha contribución que o honra como ministro de Cultura e como galego.

-Ademais de Molina, fóronse outros dous ex ministros e algún outro está a piques de facelo. ¿Hai división no Grupo Socialista?

-Non. Creo que non foi moi acertado que os ministros ocupasen un espazo nas listas do PSOE nas eleccións. é unha función distinta a de ministro e a de deputado. Como ministros, calquera deles, Solbes é indiscutible, César Antonio Molina, Fernández Bermejo ou Bernat Soria son grandes ministros. Pero é difícil que acodes que proceden de mundos moi distintos asuman a función de deputado, que é unha función máis pegada ao terreo e orgánica do partido. Algúns deles nin sequera son afiliados.

-Pachi Vázquez situou á súa man dereita como substitúo seu no Senado. ¿Ten Vázquez xa o control e liderado de todo o PSDEG?

-Non creo nos liderados unipersonales. Pachi fixo un gran traballo como secretario xeral porque ten unha gran capacidade de escoitar a moita xente. Ese é o seu valor máis importante. E creo que o está facendo ben.

-¿Vai ser vostede a voz de Pachi Vázquez no Congreso ou irá por libre?

-O meu escano corresponde á comarca de Ferrolterra e eses intereses son os prioritarios para min. Os deputados socialistas galegos somos a voz do PSDEG aquí no Congreso e estamos constante e permanentemente facendo de reclamadores de todo canto necesita Galicia.

-¿é partidario de manter a colaboración co BNG en Madrid?

-Son partidario de manter a liña de colaboración co BNG. Sempre o fun e continúo nesa tese, tanto no Congreso como a nivel autonómico ou municipal. Somos forzas diferentes, cada unha coas súas características, o seu carácter, pero compartimos parte importante dos programas. O noso electorado veo lóxico e é unha cuestión claramente asumida pola sociedade galega.

-Pero, ¿hai que evitar que o BNG lles impoña as súas teses, como recomenda Touriño?

-é moi difícil que nestas circunstancias o BNG impoña nada ao PSDEG, porque os pactos fanse para gobernar, non para facer oposición. No Parlamento galego estamos na oposición e non hai pacto de oposición. é unha cuestión bastante irrelevante.

-¿Cre que esta será a lexislatura que deixará pechada definitivamente a chegada do AVE a Galicia?

-Estou absolutamente convencido. Primeiro, porque o ministro de Fomento así o manifestou. Esa vontade está expresada ademais nun acordo co presidente da Xunta. Cónstame que é un compromiso absolutamente firme. Pero tamén teño que dicir que é un compromiso de investimento que se poderá *****prir porque se aumenta o déficit público. Non son as receitas do PP, a redución do déficit ou a non subida de impostos, as que garanten estas infraestruturas, senón unha política de investimento público potente como a que se está facendo.

-O PP acusa aos deputados do PSDEG de estar sometidos aos ditados de Ferraz e non ser esixentes con Zapatero .

-Iso é unha muletilla que tanto o PP como o BNG en Galicia necesitan utilizar para xustificar a que é sen dúbida unha maior capacidade dos socialistas galegos para conseguir cousas para Galicia que a deles.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=526