RSC - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 14 septiembre a las 13:29:26
Tema PHP-Nuke


" A responsabilidade social corporativa definese como a contribución activa e voluntaria por parte das empresas para procurar milloras sociais, económicas e ambientais que repercutan no incremento do benestar da sociedade local e global. Sen caer na inxenuidade, debemos recordar que tamén lles sirve para promocionar a súa situación competitiva,valorativa e o seu valor engadido.As empresas axudanse,axudando. Os seus antecedentes remontanse ó século XIX no marco do cooperativismo e o asociacionismo que buscaban conciliar eficacia empresarial con principios sociais de democracia, autoaxuda, apoio á comunidade e xustiza distributiva. Os seus máximos expoñentes na actualidade son as empresas de economía social,por definición empresas socialmente responsables. Aínda que a R.S.C. nos pareza un concepto abstracto e lonxe da nosa realidade,a verdade é que está moi presente e materializase constantemente na vida cotidiana dos nosos pobos, vilas e cidades. As máis das veces son pequenas aportacións de empresas locais que apoian o desenvolvemento de actividades deportivas, sociais, culturais, etc. Seguro que recordan algún dos carteis dos eventos onde figuran os colaboradores.Noutros casos, e excepcionalmente, as aportacións veñen de fora e teñen un montante moito máis importante. Así acaba de ocurrir en Cedeira.Para facilitar a accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas na residencia da Asociación Apader,foi imprescindible a axuda que as empresas almacenaxes R. Hernan e Docout S.L prestaron á entidade."

© - D.R.Piñón - Diario de Ferrol 2009


Link: DFONline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=521