O SECTARISMO NA POLÍTICA - J.L. Vergara
Fecha Lunes, 14 septiembre a las 13:29:15
Tema PHP-Nuke


" Xa levamos seis meses desde que as eleccións galegas do 1 de marzo decidiran, por un deputado, darlle a maioría suficiente para gobernar ao PP. Durante os primeiros 100 dias as nosas relacións cos actuales mandatarios limitáronse a observar, tomar nota do que estaba a suceder e sintetizar os proxectos que quedaron pendentes co goberno anterior. Introducimos algunha moción plenaria a decisións da Xunta tendentes a desmontar os avances anteriores, pero, básicamente, pretendimos darlles tempo a que se situasen e definisen o papel que teñen gardado para Cedeira.

Últimamente vinme coa Presidenta de Augas de Galicia, co Director Xeral de Industria, co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, coa Conselleira do Mar, co Director Xeral de Portos, falei por teléfono co Presidente de Portos de Galicia ao que invitei a visitar Cedeira, co Director Xeral de Montes e altos funcionarios da Xunta de Galicia. A sorte foi desigual. Os encontros e conversas telefónicas permitíronme apreciar, como non podía ser doutra maneira, unha gran heteroxeneidade entre todos eles en canto ao trato, pero moito me temo que un gran parecido en canto a ausencia de proxectos e ausencia de concreción.

Non me parece mal que tal concreción non exista polo momento, ou que as expectativas non estean o suficientemente elaboradas, a pesar das promesas electorales. O que sí me ten moi preocupado é o estado no que se atopan proxectos que quedaron prácticamente rematados no exercicio anterior e que agora durmen o sono dos xustos, é dicir, descansan no fondo dos caixóns. Refírense a temas de gran potencia para Cedeira, tales como o traspaso do Centro de Saúde, a súa reforma e ampliación, a estrada a Ferrol na que somentes se están a elaborar os proxectos dos tramos que van ata Valdoviño e desde a primeira Canteira ata Esteiro, faltando as variantes de Valdoviño e Cedeira. Igualmente a inactividade abrangue aos compromisos adquiridos pola anterior administración respecto do Centro de Día, do Porto Deportivo ou dos Pantaláns que ordenen os amarres dos mariñeiros. Máis acuciantes son os proxectos de rede separativa na Avenida de España (Floreal) ou a canalización das augas pluviais do Paseo da Madalena, toda vez que os proxectos estaban acordados e tramitados pola administración anterior.

Son demasiadas as incertezas nas que a actual Xunta de Galicia ten sumida a Cedeira e, a estas alturas, as dilacións non poden obedecer a motivos de estudio ou reflexión. Cústame crer que sexa o sectarismo o que explique as inxustificables tardanzas que afectan a decisións maduras que na maioría dos casos estaban xa tomadas polo Goberno que dirixeu este país ata o 1 marzo. Pero moito me temo que os datos apuntan nesta dirección."

Link: Alcaldía de Cedeira - J.L. Vergara . ALCALDE






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=519