Xavier Carro - Congreso
Fecha Lunes, 14 septiembre a las 10:32:39
Tema PHP-Nuke


O senador Xavier Carro ocupará a vacante que deixa o ex ministro de Cultura César Antonio Molina, tras renunciar o pasado día 7 ao seu escano no Congreso dos Deputados; mentres que o secretario de Organización do PSDEG, Pablo García, continúa sendo a «primeira opción» da dirección do PSOE galego para sentar na Cámara Alta.
Segundo fontes do partido consultadas por Ep, o secretario xeral do PSDEG, Manuel Vázquez, mantivo varios contactos con Carro co obxectivo de definir o seu futuro. As «preferencias» do de Cedeira coincidiron coas do líder socialista, polo que conviñeron que o senador abandonase o seu actual posto.
Esta decisión veu acompañada de contactos co PP, ante o temor de que utilizase a súa maioría na Cámara para bloquear o nomeamento dun senador por designación autonómica, pero unha vez constatada a ausencia de «controversias», a cúpula socialista decidiu que o seu secretario de Organización tivese «un papel máis relevante».

O terceiro escollo a superar por Vázquez para enviar a García a Madrid foi o da dirección federal, que, do mesmo xeito que unha parte do PSDEG, teme que «o conflito xurídico que ten pendente» xogue «unha mala pasada» aos socialistas. En todo caso, fontes socialistas admitiron que Ferraz «non pode bloquear» a decisión «por moito que queira».
A ese «conflito xurídico» ao que aludiron distintos membros do partido, ao que os populares acusan de estar implicado no caso da presunta axente electoral do PSOE, algúns socialistas engaden o feito de que «o PP dá moito para adiante» as negociacións para «sospeitar» que a elección de Pablo García non é «acertada».
Neste escenario, o temor céntrase en que o ex sindicalista de Unións Agrarias poida resultar imputado no caso que instrúe o xulgado de Corcubión e no que xa figura imputado o responsable do sindicato agrario na Costa da Morte e actual alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto.
«O apoio do PP fai sospeitar que teñen datos ou probas que poden sacar», interpretaron algúns socialistas, que temen que García chegue a ser xulgado polo Supremo, debido á súa condición de aforado.

Link: ABCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=517