AVPC Cedeira - Operativo contraincendios
Fecha Jueves, 10 septiembre a las 12:49:02
Tema PHP-Nuke


A Agrupación de Voluntarios de Proteccción Civil de Cedeira sufocou un lume iniciado esta madrugada nun aeroxerador do Parque eólico de Vos Curvos na Capelada.
A petición partiu do 112 tras unha chamada de emerxencia realizada polos responsables do parque ao detectar o incendio.
Ao lugar desprazouse unha motobomba urbana de Cedeira cunha dotación de Protección Civil que sufocaron o incendio no prazo dunhas tres horas.

Foi necesario cargar a motobomba en dúas ocasións debido a que a gran calor acmulada no metal reavivou o lume nunha segunda ocasión.
Así mesmo os voluntarios actuantes tiveron que facer uso dos equipos de respiración autonomos cos que contan, por motivo dos gases tóxicos que desprendían as baterias e equipos eléctricos instalados na torreta do aeroxerador. Debido ao tempo de utilización estes equipos chegaron a baleirarse ao final da actuación.

Finalmente sobre a unha da madrugada se dió por apagado o incendio e finalizado o operativo.

Link: Diario de Cedeira - AVPC Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=516