A falta de ingresos dos concellos
Fecha Miércoles, 09 septiembre a las 12:07:20
Tema PHP-Nuke


Os efectos da crise económica tamén se fan notar nos consistorios. As administracións locais, que en moitos concellos do rural son o principal axente de emprego, ven como se reducen os ingresos por impostos locais (licenzas urbanísticas,  IBI...).

O goberno estatal, como principal recadador de impostos, segue a ser a administración que máis fondos directos achega aos concellos. Mais o executivo español xa restrinxiu este tipo de ingresos no presente ano e xa ten previsto facelo outra vez para os orzamentos de 2010.

Un exemplo da preocupación que existe a nivel local é unha das últimas decisións da Deputación da Coruña. O organismo provincial quere que no Plan de Obras e Servizos de 2010 se inclúan partidas para gastos correntes (que son, principalmente, os de persoal). A novidade débese á necesidade de inxectarlle liquidez a algúns concellos que están a facer as contas para poder manter todo o persoal temporal. En total repartiranse 24 millóns de euros entre o perto dun cento de municipios que hai na provincia.

O maná das subvencións
Alcaldes consultados por Vieiros recoñecen que existe a preocupación e que dan por feito que é posíbel que teñan que reducir nos vindeiros meses persoal temporal que está vinculado a determinadas subvencións que chegan dende outras administracións superiores. Coa boca pequena, algún rexedor recoñece que á preocupación polos recortes orzamentarios tamén se suma que sexa precisamente en 2010, un ano antes dos comicios locais.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=513