Investigar o naufraxio do 'Irmáns Landrove'
Fecha Martes, 08 septiembre a las 17:38:24
Tema PHP-Nuke


A Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim), adscrita ao Ministerio de Fomento, será a encargada de investigar o naufraxio do buque galego 'Irmáns Landrove', rexistrado este martes de madrugada a 20 millas de Cedeira e no que faleceu o patrón do mesmo.

Segundo informaron fontes da Capitanía Marítima de Ferrol, esta comisión será a responsable de tomar declaración aos sobreviventes do naufraxio e de determinar as causas do accidente. Para iso, está previsto que responsables do Ciaim desprácense até Ferrol, e que interroguen aos seis tripulantes este mércores ou xoves.

''O máis probable é que declaren este mércores, porque o prazo adoita ser de dous días'', sinalaron estas mesmas fontes.

Até 2008, a investigación por accidentes no mar como o dos 'Irmáns Landrove' dependían directamente das capitanías marítimas, pero un novo real decreto centralizou este labor nunha comisión dependente do Ministerio de Fomento, na que figuran tamén representantes das comunidades autónomas con litoral.

De feito, este organismo estatal xa foi o responsable de investigar este ano outros naufraxios de buques galegos, como o do 'Monte Galiñeiro' (en augas de Terranova) ou o do 'Canconio', tamén en Cedeira.

Link: PROONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=510