Consellería de Vivenda e Solo
Fecha Miércoles, 25 febrero a las 17:58:06
Tema PHP-Nuke


A Consellería de Vivenda e Solo abre o prazo de solicitude das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas no rural e en conxuntos históricos, ás que dedica 21.850.000 € ata o 2011, case un millón de euros máis que na convocatoria de 2008 –foron 20,9 millóns de euros-. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá, xoves 26 de febreiro, ata o 1 de setembro. En concreto, nesta convocatoria a Consellería destina ao programa de rehabilitación no rural e conxuntos históricos un orzamento de 9 millóns de euros en 2009, outros 8.590.000 € en 2010 e 4.260.000 € en 2011. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que establece estas axudas de ata o 50% do orzamento protexible cunha contía máxima de 24.000 € para obras de rehabilitación e 30.000 € para obras de renovación das vivendas. Esta liña de axudas vai destinada a persoas, familias ou unidades convivenciais cuns ingresos ponderados anuais de ata 3,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM), é dicir, ata 23.500 € aproximadamente. A vivenda obxecto de rehabilitación debe ser a residencia habitual do solicitante e ter unha antigüidade mínima de 15 anos se está situada no medio rural –núcleos de ata 1.500 habitantes-.

Para os conxuntos históricos non se terá en conta a antigüidade da vivenda. Considénrase conxuntos históricos aqueles que teñen unha declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), declaración de conxunto histórico-artístico ou similar, que teñan un plan especial de protección ou de reforma interior aprobado ou estean contemplados no planeamento municipal, e aqueles polos que discorre o Camiño Francés de Santiago. Por outra banda, non é necesario que os solicitantes das axudas acrediten residir por un tempo mínimo no concello no que está a vivenda. A Consellería de Vivenda e Solo suprimiu este requisito co obxectivo de facilitar o asentamento ou retorno de poboación ao medio rural. En calquera caso, sí é indispensable que a vivenda obteña a Cédula de rehabilitación de calidade para acceder á subvención, cando menos a Resolución de conformidade da Cédula que acredita a aprobación inicial.

Solicitudes

As solicitudes deberán presentarse nas Delegacións provinciais da Consellería de Vivenda e Solo ou en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia. No caso de galegos residentes no exterior poderán presentar as súas solicitudes nas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou estean consideradas colaboradoras e que deberán remitila en todo caso á Secretaría Xeral de Emigración. O impreso oficial poderá descargarse desde mañá na páxina web www.conselleriavivenda.xunta.es e deberá ir acompañado da seguinte do*****entación: fotocopia compulsada do DNI ou NIF, fotocopia da Resolución de conformidade ou da propia Cédula de Rehabilitación de Calidade, declaración do conxunto das subvencións solicitadas ás administracións ou entes públicos con este fin, autorización á Consellería de Vivenda e Solo para solicitar datos económicos por vía telemática, entre outros do*****entos. 50% da subvención ao inicio da obra
Os beneficiarios destas axudas poderán cobrar o 50% da subvención outorgada ao inicio das obras ou durante o seu transcurso, presentando as facturas de compra de material, traballos previos ou certificacións de obra, sempre que teña a concesión inicial da Cédula de Rehabilitación de Calidade para comezar a obra. O resto da subvención será abonada unha vez rematada a obra e recibida a concesión definitiva da Cédula.

Actuacións subvencionadas

As obras de rehabilitación ou de renovación que se contemplan son as relacionadas en elementos exteriores da vivenda, de acordo á tipoloxía da zona, como carpintería exterior, cubertas, acabados na fachada, conservación de elementos singulares e materiais propios das zona (madeira, pedra, lousa, forxa, etc). Tamén se subvencionan as obras en elementos estruturais, construtivos e de seguridade, mellora nas condicións de illamento da vivenda, das instalacións en xeral e todo o relacionado coa mellora na calidade da habitabilidade das vivendas, é dicir, obras dirixidas a adecuar as condicións hixiénico-sanitarias, condicións de ventilación e iluminación ou adaptación da vivenda para uso de persoas con discapacidade e maiores de 65 anos.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=51