Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental
Fecha Martes, 08 septiembre a las 10:55:32
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Solicitada neste Concello por Unión Fenosa Distribución S.A.(CIF A-82153834) licenza municipal para a actividade de centro de transformación-LMTS CTS en Avda. De Castelao (Teodoro Moreda SLU), en Cedeira tramítase o expediente de licenza de dita actividade.

En cmprimento co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días dende a inserción do presente anuncio no DOGA , no BOP, e no taboleiro de anuncios do Concello, para que, quen se vexa afectado de algún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselle ós interesados ós que non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados a tódolos efectos, significándolles o prazo de 20 días hábiles contados a partir do dia seguinte á publicación deste anuncio para alegar o que consideren oportuno

O expediente obxecto desta información podérase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste Concello durante horario de oficina.

Cedeira, 11 de agosto de 2009

O Alcalde;

Asdo.- José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=506