350.000 euros para financiar as obras
Fecha Viernes, 04 septiembre a las 11:22:58
Tema PHP-Nuke


A Deputación da Coruña destinará 350.000  euros para financiar as obras de remodelación e adaptación das instalacións do polideportivo municipal de Cedeira. A achega provincial representa o 86,24% do orzamento global do proxecto, que ascende a 405.862, 64 euros. 
Así se recolle no convenio subscrito esta mañá, na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara Rey. 
As obras consisten na remodelación dos vestiarios da piscina, para facelos accesibles a persoas con mobilidade reducida; e na instalación dun sistema de calefacción e extracción de aire no local da piscina, nos seus vestiarios e do polideportivo, no que tamén se colocará un falso teito de escaiola modular, e que permitirán un uso máis cómodo das dependencias durante o inverno. Así mesmo, o proxecto contempla tamén a substitución do cortavento-marquesiña da entrada do polideportivo por un novo de aluminio inoxidable e acristalamento de seguridade.


© Deputación da Coruña 2009


Na piscina colocaranse novos condutos helicoidales e difusores, así como unha nova máquina free-cooling, que serve tamén como deshumidificadora, o que evitará as condensacións en paredes e teitos. Construirase tamén un novo ventanal de amplas dimensións (4 metros de lonxitude e 2 metros de altura) no muro do peche que dá ao campo de fútbol, e que favorecerá a entrada de luz natural no recinto.

Link: Deputación da Coruña






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=502