Os dous bandos de TEGA, enfrontados por outro auto
Fecha Viernes, 06 febrero a las 08:34:09
Tema PHP-Nuke


Un auto do Xulgado de Primeira Instancia de Santiago acaba de tomar unha decisión que o sector de Pablo Padín e Germán Tobío espera teña repercusións na candidatura de TEGA ás eleccións autonómicas, A xuíza aceptou a súa petición de suspensión cautelar dos acordos adoptados nunha reunión celebrada o pasado outubro na que se decidiu anular preventivamente a militancia de Padín, Tobío e Sandra Pouso e nomear presidente provisional a Guillermo Sánchez Fojo. Os demandantes entendían que a convocatoria desta reunión non foi legal, que non se *****prían os requisitos para proceder ao nomeamento dun novo presidente e que tampouco se deu trámite de audiencia aos militantes suspendidos. O auto atende a medida cautelar solicitada por Padín e Tobío -aínda que o fai baixo fianza de 400 euros- e contra esta decisión cabe presentar un recurso de apelación no prazo de cinco días. Consultado por este xornal, Germán Tobío entende que o auto da xuíza de Santiago desembocará en que a candidatura de Gato ás eleccións autonómicas -contra a que presentou alegacións o seu sector, que tamén se presenta, aínda que baixo a denominación de "Máis Galicia" e en coalición co Partido Galeguista- non poderá ser formalizada. Tobío apuntou que aínda que a Xunta Electoral Central recoñeceu a Gato como representante legal de TEGA, este non *****priu o acordo do Consello Político de ir aos comicios en coalición co Partido Galeguista.

A versión do sector de Gato é radicalmente oposta. Para o avogado que o representa, o auto non entra no fondo da cuestión e unicamente pode decidir se Padín e Tobío continúan sendo militantes ou non, unha cuestión que considera menor. Engade que eles mesmos se han autoexpulsado ao concorrer a unhas eleccións baixo outras siglas. O letrado insistiu en que as reunións do sector de Padín non están lexitimadas e acusouno de querer entorpecer o proceso electoral con este tipo de cuestións. Será cando se resolva a demanda principal, non antes das eleccións, cando quedará resolta a cuestión.

LInk: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=5