Portos aínda non ten o novo proxecto
Fecha Jueves, 03 septiembre a las 10:55:09
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia, pertencente á Consellería do Mar, aínda non recibiu o novo proxecto do porto deportivo de Cedeira por parte da adxudicataria, a ute integrada por Comercial Internacional e Bardera Obras Civís e Marítimas, segundo informaron fontes da entidade autonómica. Deste xeito, Portos está á espera de recibir o docmento para validarlo e outorgar a concesión definitiva. cmpridos estes prazos, poderían comezar as obras.

O proxecto inicial, adxudicado no 2005, sufriu algúns cambios tras atender ás esixencias formuladas tanto desde o Concello como pola confraría de pescadores. Foi a finais do pasado mes de abril, apenas dous meses despois de que o PP ocupase o goberno autonómico, cando a nova Xunta daba o visto e prace definitivo ao estudo de impacto ambiental do novo proxecto do porto deportivo.

A comezos de xullo, Portos xa anunciaba estar á espera de recibir o docmento. Nese momento estimaba que a ute podería iniciar os traballos nuns oito meses. O novo porto contará con 278 amarres e un dique de 426 metros de lonxitude.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=499