Subida na destrución de postos de traballo
Fecha Jueves, 03 septiembre a las 10:47:14
Tema PHP-Nuke


Aínda que tradicionalmente o incremento do desemprego chegaba en setembro, tras o peche da campaña estival, a crise adiantou este ano que se encheron as oficinas do antigo Inem antes de tempo. Non se trata, con todo, dunha situación que colla de sorpresa aos axentes sociais, algúns dos cales xa alertaran dos efectos que terían os expedientes de regulación de emprego sobre o paro, como a patronal Iniciativa Empresarial do Noroeste (IEN) por Europa.

A CIG tamén advertira de que tras o período vacacional moitas empresas da zona con problemas económicos empezarían a reducir persoais.


Por municipios

No desglose por municipios, a cabeceira de comarca é a que rexistrou un maior número de demandantes dun posto de traballo nunha empresa, e rolda xa os 6.200 parados. Entre os que aumentaron o seu censo de desocupados atópanse tamén Narón, Fene, Cabanas, Cedeira, Mugardos, As Somozas, Valdoviño, Ortigueira e Cariño .

No extremo contrario atópanse outros meramente industriais, como As Pontes, e outros rurais, como Cerdido e Mañón.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=498