Vergara: O polígono da Trave estará listo en decembro
Fecha Jueves, 03 septiembre a las 11:42:40
Tema PHP-Nuke


O polígono industrial de Cedeira estará listo a finais de decembro. Así o aclarou onte José Luis Vergara, alcalde da localidade.

O parque empresarial da vila xa se anunciaba en 1995. Agora, case quince anos despois, as obras están a piques de concluír. Logo de superar algúns inconvenientes coa subministración eléctrica, finalmente esta parte do proxecto estará rematada en decembro. Con todo, a obra civil, bastante avanzada, terminará unhas semanas antes, entre os meses de outubro e novembro. Os traballos comezaron en outubro do pasado ano e a Administración autonómica comprometeuse a telo listo a finais de 2009.


© La Voz de Galicia


Por iso, estímase que a comezos de 2010 comece a adquisición de parcelas e os traballos para edificar. O novo parque empresarial estará situado no lugar da Trave, na parroquia de San Román. Contará con 103.000 metros cadrados de superficie e estará situado na marxe dereita da estrada AC-566, entre os núcleos de Outeiro e A Veciñeira.

Destinaranse a uso empresarial e comercial máis de 59 metros cadrados. Así mesmo, 31.112 serán habilitados para confeccionar a rede viaria e zonas de estacionamento. O 10% do espazo, ao redor duns dez mil metros cadrados, serán adecuados como áreas de esparexemento. A superficie restante converterase en zonas sociais e deportivas. En total, o polígono terá capacidade para 56 parcelas, aproximadamente de entre 900 e 1.300 metros cadrados cada unha. O novo parque empresarial da Trave estará a uns tres quilómetros de distancia do centro do municipio. Xestionarao Xestur e suporá un «importante alivio para A Xunqueira, onde ata agora se instalaron algunhas industrias», indica o alcalde.

Un alivio para A Xunqueira

Cun uso residencia e industrial, «esta zona é ecoloxicamente moi importante, polo é inadecuado usalo como polígono industrial». Ademais, o novo parque da Trave «permitirá o crecemento de pequenas industrias que actualmente se atopan no centro da vila». En definitiva, explica o rexedor da localidade, a infraestrutura é unha «garantía para as empresas que queren establecerse en Cedeira, ata agora non tiñan a seguridade absoluta da súa permanencia, era unha situación de transitoriedad ata que tivésemos no polígono da Trabe».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=497