Substituirán os servizos de Sogama
Fecha Martes, 01 septiembre a las 10:23:38
Tema PHP-Nuke


Os concellos de Cedeira e Ortigueira xa dispoñen de empresas que se farán cargo dos servizos que ata agora prestaba a autonómica Sogama. Tras o anuncio de que se suspendería a recollida de voluminosos, o goberno local de Cedeira adxudicou a outra empresa a xestión deste tipo de residuos. Segundo explica o rexedor socialista, José Luis Vergara, atópase en funcionamento desde comezos de agosto. Aínda así, explica o alcalde socialista, «presentamos unha moción, pois non estamos a favor da decisión da Xunta».

O Concello de Ortigueira, pola súa banda, dispuxo nos últimos anos das instalacións dun punto limpo para o depósito de voluminosos. Con todo, tras o seu recente desmantelamento por mor das obras da variante, habilitouse no polígono de Cuíña un punto provisional de almacenamento. El Concello, gobernado polo PP, contratou o pasado mes de febreiro, segundo fontes municipais, a un xestor autorizado a retirada dos residuos que se almacenan nesta zona.

Un prego detallado

Aclaran desde o municipio que o prego recolle que ao adxudicatario correspóndelle o transporte e a xestión dos residuos recibidos. Detalla, ademais, que tanto esta como a entidade receptora dos mesmos teñen que ser xestores autorizados, segundo o disposto na normativa autonómica de residuos.Link: VONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=496