Pesca destina axudas ás mariscadoras a pé
Fecha Martes, 24 febrero a las 19:00:01 Tema PHP-Nuke
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica hoxe no Diario
Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se
establecen as bases reguladoras para o acceso a axudas asistenciais dos
mariscadores e mariscadoras a pé co obxectivo de que os beneficiarios
poidan acceder a unha pensión de xubilación digna. Esta medida está
dirixida a aqueles profesionais que no seu día non se deron de alta no
Réxime Especial do Mar por contar cunha resolución xudicial que os
eximía desta obriga, pero que na actualidade sí están dados de alta
pero non *****pren os períodos mínimos de cotización para dispor dunha
pensión de xubilación.
Deste xeito, poderán acceder a estas subvencións aqueles
mariscadores a pé que teñan *****pridos os 65 anos a partires do 1 de
xaneiro de 2009 ou que os *****pran ao longo deste ano; que na data na
que acaden os 65 anos estean autorizados para o exercicio do marisqueo
a pé; e que se atopen dados de alta no Réxime Especial do Mar no
momento de presentar a súa solicitude. Ademais, deberán contar cunha
resolución xudicial que os eximía da obriga de darse de alta no Réxime
Especial do Mar; non deberán ter acceso a unha pensión de xubilación
por falta de anos de cotización á Seguridade Social; e non poderán
terse acollido ás ordes da Consellería de Pesca polas que se regulan as
axudas para que os mariscadores a pé poidan completar os períodos
mínimos de cotización por non *****prir os requisitos establecidos nelas.
A maiores das obrigas anteriores, os beneficiarios deberán ter
exercido a actividade marisqueira a pé antes da publicación desta Orde;
acreditar que están ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade
Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra
débeda coa Administración; e non percibir ningunha outra axuda para a
mesma finalidade nin pensión de xubilación ou incapacidade permanente.
Os mariscadores e mariscadoras que se beneficien desta medida
percibirán unha axuda asistencial máxima de 6.300 euros nun só
pagamento anual, se ben aquelas persoas que *****pran os 65 anos ao longo
deste exercicio recibirán unha contía minorada en doceavas partes.
Neste punto cabe sinalar que o orzamento dispoñible para esta actuación
en 2009 ascende a 90.000 euros que se financiarán con cargo aos
orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes
contado a partires de mañá e estas poderán entregarse na oficina do
rexistro único e información da Xunta de Galicia ou nalgún dos seus
rexistros auxiliares, así como nos demais lugares previstos pola
normativa vixente. As peticións formalizaranse a través dos
correspondentes impresos oficiais e deberán acompañarse, entre outros
do*****entos, dun informe de vida laboral, dunha declaración de non ser
beneficiario doutras axudas para a mesma finalidade nin de pensión de
xubilación ou incapacidade permanente e da certificación acreditativa
da alta no Réxime Especial do Mar.
Melloras sociais
A Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases
reguladoras para o acceso a axudas asistenciais dos mariscadores e
mariscadoras a pé inclúese nas melloras sociais postas en marcha polo
departamento que dirixe Carmen Gallego e entre as que tamén se atopan o
seguro de mal tempo ou a ampliación da póliza de seguro colectivo de
accidentes no mar aos inmigrantes enrolados en pesqueiros con porto
base en Galicia. Neste apartado tamén se atopan as axudas para que os
mariscadores e mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos
de cotización para dispor dunha pensión de xubilación que a Consellería
de Pesca vén aplicando dende o ano 2007.
No entanto, existe un colectivo con permiso de explotación en vigor
que non puido acceder ás convocatorias desas subvencións por non
*****prir os requisitos esixidos nas mesmas e, ademais, aínda que agora
está dado de alta no Réxime Especial do Mar non reúne os períodos
necesarios de cotización. É por esta razón que a Administración
pesqueira galega decidiu establecer unha medida para que estes
profesionais do mar dispoñan dos recursos necesarios para poder
subsistir unha vez finalicen a súa actividade profesional. Link: XONLine
|
|