Contrato de alleamento de parcela
Fecha Jueves, 20 agosto a las 10:27:52
Tema PHP-Nuke


Contrato de alleamento de parcela, mediante procedemento aberto, oferta economicamente mais vantaxosa, cun único criterio de adxudicación.

ANUNCIO

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 21 de xullo de 2009 foi aprobado o alleamento da parcela 791 , poligono 24, Costeira de Abaixo- fonte do Ouro, mediante procedemento aberto, oferta economicamente mais vantaxosa, cun único criterio de adxudicación, ó mellor prezo, e o Prego de Clausulas Administrativas Particulares.

Publicase no Boletin Oficial da Provincia e no Perfil do Contratante por prazo de 15 dias naturais, o anuncio de licitación do contrato de alleamento da parcela 791, poligono 24, para seleccionar ó comprador, con suxeición ás seguintes clausulas:

Obxecto do contrato:

Parcela 791 do poligono 24 sito en Costeira de abaixo- fonte de ouro, propiedade municipal que foi desafectada do carácter de dominio público por acordo plenario de data 31.03.04, publicado no BOP nº 101 de data 5.05.04.



Tramitación e procedemento:

Tramitación : ordinaria

Procedemento: aberto, oferta económicamente mais vantaxosa, un único criterio de adxudicación ó prezo máis alto.

Tipo de licitación:

1.866,15 euros pudiendo ser mellorado á alza

Garantia definitiva:

5% do importe de adxudicación

Prego de clausulas administrativas particulares:

Atópase a disposición dos interesados no:

- Perfil do contratante:www.concellodecedeira.es

Criterios de valoración das ofertas:

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta económicamente mais vantaxosa atenderase exclusivamente ó prezo mais alto das proposicións presentadas.

Presentación das proposicións:

-As proposicións presentaranse no concello de Cedeira, de acordo co previsto no punto 5 do Prego, durante o prazo de 15 dias naturais, en horario de 9:00 h a 14:00 h, a contar desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no Perfil do Contratante.

-As proposicións presentaranse en dous sobres pechados (sobre A: Do*****entación administrativa, e sobre B: Proposición económica) asinados polo licitador e que se deberán axustar ós modelos e achega-la do*****entación referida no punto 5 do Prego de Clausulas Administrativas Particulares

Apertura das proposicións:

Tera lugar de acordo co estipulado no punto 7 do Prego de Clausulas Administrativas particulares.

Gastos dos anuncios:

O adxudicatario queda obrigado ó pago dos anuncios e impostos que procedan, así como ó pago dos gastos e aranceis derivados do outorgamento de escritura pública ante Notario e de inscripción no Rexistro da Propiedade.

Cedeira, 5 de agosto de 2009.

O ALCALDE

Asdo.: José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=485