Germán Castro le o venres no Palacete o pregón
Fecha Miércoles, 12 agosto a las 11:07:02
Tema PHP-Nuke


Cedeira prepárase para entrar na fin de semana máis festiva do verán. Farao xa desde mañá, cun concerto a golpe de música de ABBA, aínda que a apertura oficial das festas da patrona será o venres, co pregón que pronunciará no Palacete o director de Diario de Ferrol, Germán Castro.


© Diario de Ferrol 2009

O ambiente festivo palparase en Cedeira xa mañá, porque o quinteto tradicional Os Meigallos encargarase de poñer música á xornada, axudado pola fanfarria La Calle es Nuestra. Será o preparativo para un dos concertos máis orixinais das festas de Santa María. A banda británica Planet ABBA rende tributo ó cuarteto sueco cun directo que os aproxima tanto ós seus ídolos que está considerada como a formación líder neste apartado.


Co estribillo de “Dancing Queen” aínda resoando polas rúas da vila chegará o venres. Serán a banda de gaitas de Robaleira e a formación Vila de Cedeira os que se encarguen dos pasarrúas, mentres que de novo a fanfarría seguirá animando á poboación. O pregón está previsto para as oito da tarde no Palacete. Adoita celebrarse no balcón da casa consistorial, pero as obras no casco histórico obrigaron a facer este cambio de ubicación. A honra de inaugurar as festas de Cedeira recae este ano no director de Diario de Ferrol, Germán Castro. É o terceiro ano consecutivo que os organizadores das festas elixen unha persoa vencellada con este diario para o pregón, o que dá conta da boa sintonía existente este o xornal e os cedeireses. En 2007 foi o articulista Álvaro Porto Dapena e en 2008 fíxoo Vicente Araguas.A festa nocturna do venres estará amenizada pola música da orquestra Trovadores e pola Ourense Big Band.O sábado 15 celebrarase unha misa ó mediodía seguida dunha procesión polas rúas amenizada pola banda municipal. A Vila de Cedeira fará un pasarrúas e despois dará un concerto. A noite prevese abarrotada porque, xunto co atractivo da orquestra Os Satélites, a comisión de festas programou un concerto de MClan e de Rebeca Jiménez. Como remate haberá unha sesión de fogos de artificio que prometen ser espectaculares.Xa o domingo, logo da misa do mediodía, terá lugar a tradicional procesión marítima. Este é un dos momentos máis emotivos da celebración. A virxe é trasladada nun dos barcos da confraría e sae a mar aberto para volver a porto entre as ducias de embarcacións de tódolos tamaños que a escoltan. As bombas de palenque e as explosións de confeti son habituais nun acto que combina o festivo co respecto polas vítimas que se cobra o mar. A música durante a xornada do domingo poñerana o grupo de baile Buxainas, un pasarrúas brasileño e a orquestra Ritmo Joven.A despedida das festas patronais será o luns coa xira campestre na que as familias e grupos de amigos saen ó monte a comer e pasar o día. O quinteto Os Meigallos e a orquestra América S.L. teñen nesta xornada final a responsabilidade de facer bailar ós cedeireses que aínda teñan folgos para facelo.Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=480