A CIG acusa a Correos de practicar o “enchufismo” nas contratacións
Fecha Miércoles, 12 agosto a las 10:48:57
Tema PHP-Nuke


A CIG vén de reclamar publicamente nun comunicado que a empresa pública Correos está a practicar o “enchufismo” na contratación de persoal eventual para cubrir as vacacións de verán. Segundo a central, dos 94 contratos que se fixeron en xullo nas tres comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, 43 asináronse sen acudir ás listas pertinentes.

O sindicato reclama que se abran as listas de contratación de Correos “para que os cidadáns que o desexen poidan anotarse”, así como que a empresa tire delas para cubrir as vacantes. A CIG mantén que “fai máis de tres anos da última vez que se abriron as listas de contratación en Correos, polo que moitas delas resultan insuficientes”, e que a dirección négase a facelo polo “negocio” que representan “as súas redes clientelares”. O comunicado sinala, tamén, que a entrada cun contrato eventual é a única maneira de acceder á consolidación do emprego dentro de Correos.

Emprego con “padriños”
“Dentro das listas os contratos de maior duración adoitan ir a parar a traballadores con padriño, posto que moitos dos xefes preparan estes contratos para facelos cadrar con quen eles queren”, di o comunicado do responsable comarcal de Correos da CIG, Xesús Carlos do Río, que tamén advirte das situacións conflitivas que esta realidade está a crear entre os empregados dalgunhas oficinas, “posto que a discriminación que se dá nos contratos esténdese ó propio traballo diario”.

A CIG asegura que o problema está a producir “efectos devastadores” na calidade do servicio postal, así como un agravio comparativo para os cidadáns que necesitan emprego. “A desregulación da contratación e a súa falta de transparencia xamais chegou a semellantes extremos como con este Goberno do PSOE”, remata a central

 Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=479