O Concello aproba e adxudica varias obras no termo municipal
Fecha Viernes, 07 agosto a las 11:21:05
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira vén de adxudicar a obra de ampliación do cemiterio municipal á UTE integrada polas empresas Xestión Ambiental de Contratas SL e Construmax de Contratas SL, por 36.162,90 euros, sendo o plazo de execución previsto para estes traballos de dous meses. Por outra banda, na última xunta de voceiros tamén se adxudicou de forma temporal á empresa Eypar SA o contrato para o subministro e instalación de estantes compactos no arquivo municipal da Casa do Concello. Esta intervención licitouse en 30.000 euros e o prazo para concluir os traballos remata o día 15 de outubro.

Tamén se aprobou a contratación da obra de saneamento en O Cervo, licitada en 83.000 euros; a mellora do muro de contención do atrio de Régoa, por 40.000 euros, e a instalación dun ascensor no Concello, licitada en 76.000 euros.

Contratación: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&N=127&ID=800

Link: DFONLine - Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=478