Acordos comprometidos co bipartito
Fecha Martes, 04 agosto a las 11:47:30 Tema PHP-Nuke
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse onte coa
Presidenta de Augas de Galicia e do consello de administración da
Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (Eposh), Ethel María
Vázquez. Vergara solicitou que se asuman acordos xa comprometidos co
bipartito.
O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, trasladouse onte
a Santiago para entrevistarse coa Presidenta de Augas de Galicia, Ethel
María Vázquez. O rexedor municipal tratou varios asuntos coa titular da
referida empresa pública, sobre todo interesouse polo motivo que levara
a Augas de Galicia a paralizar dous proxectos xa comprometidos co
bipartido, como a separación de pluviais e fecais na avenida de España
e no Paseo da Magdalena. A primeira destas intervencións, segundo
explicou o rexedor cedeirense, estaba a piques de contratarse. A única
resposta que obtivo respecto diso destes traballos é que co cambio de
goberno e de dirección tamén na referida empresa pública decidiuse
estudar con máis detemento futuras intervencións. Ethel María Vázquez
tampouco se comprometeu a nada de face ao futuro xa que, segundo
aseguroulle ao primeiro edil cedeirense, calquera decisión debería ser
tratada previamente co conselleiro de Medio Ambiente. Vergara explicou
que se Augas asumise estas intervencións, como estaba previsto, o
Concello podería colocar a nova pavimentación nas rúas afectadas, algo
que se faría con cargo ao POS.
José Luís Vergara lamentou que esta obra non vaia acometerse,
insistindo que as choivas do pasado sábado, que provocaron numerosas
inundacións na vila, ?puxeron de manifesto o indeble do noso sistema de
rede de sumidoiros?.
O alcalde cedeirense tamén alertou da existencia de numerosas
deficiencias estruturais na estación de bombeo, que están a ser
auditadas por unha empresa externa. Tamén preguntou á titular de Augas
de Galicia pola razón pola cal en Cedeira a estación depuradora depende
da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (Eposh) e a de
bombeo do Concello. Pondo como exemplo o caso de Agarimo, onde se
xestionan de forma conxunta. Deste xeito, Vergara quéixase de que desde
a EDAR pódese dar orde, en caso de saturación -como xa pasou algunha
vez-, de pechar a estación de bombeo, de modo que se é necesario
aliviar auga desta instalación o único responsable das consecuencias
derivadas deste feito sería o Concello.
Vergara tamén se interesou pola posibilidade de instalar un tanque de
tormentas, que viría ser unha alternativa á separación de pluviais e
fecais; as medidas que se están tomando para que en 2015 dispoñan de
saneamento todos os núcleos rurais e expúxolle á titular de Augas se
non era un luxo, tal e como está a situación na vila, prescindir do
emisario mariño.
Link: DFONLine
|
|