Concello de Cedeira - ANUNCIO
Fecha Lunes, 03 agosto a las 00:56:30
Tema PHP-Nuke


Aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos, composición do tribunal cualificador e data da primeira reunión do proceso selectivo para a integración de auxiliares de policía no Corpo de Policía Local relativa á OPE do ano 2008.

ANUNCIO
Aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos, composición do tribunal cualificador e data da primeira reunión do proceso selectivo para a integración de auxiliares de policía no Corpo de Policía Local relativa a oferta pública de emprego do ano 2008.

Vistas as “ Bases da convocatoria dun proceso selectivo para a integración de auxiliares de Policía no Corpo de Policía Local. Praza vacante de Garda da Policía Local incluída na oferta de emprego público do ano 2008”, aprobadas por Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de data 24 de marzo de 2009.

Visto escrito de data 23 de marzo de 2009 da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública con rexistro de entrada no concello de Cedeira núm. 2.880 de data 26 de marzo de 2009, polo que se propón titular e suplente para formar parte da Comisión seleccionadora do tribunal que vai xulgar o proceso selectivo de integración de auxiliares de policía no Corpo de Policía Local do Concello de Cedeira.

Visto informe emitido en data 22 de xullo de 2009 polo funcionario encargado do Rexistro Xeral do Concello.

RESOLVO:

Primeiro.- Aproba-la seguinte lista definitiva de admitidos e excluídos:

Don Juan Carlos Pérez Freire



Segundo.- Aprobar a composición do Tribunal Calificador segundo o disposto na base sétima das bases da convocatoria dun proceso selectivo para a integración de auxiliares de Policía no Corpo de Policía Local. Praza vacante de Garda da Policía Local incluída na oferta de emprego público do ano 2008 ,como segue:

Presidente: D. José Antonio Cendán Dopico, Inspector da Policía Local do concello de As Pontes de García Rodríguez.

Suplente: Dª Isabel Rodríguez Fraga, Policía Local do concello de Cabañas

Secretario: D. José Ramón Bacorelle Robles, Oficial da Policía Local do concello de Valdoviño.

Suplente: D. Vicente Quintana Cornide, Policía Local do concello de Ortigueira

Vogal: D. Juan José Sanmartín González, Oficial da Policía Local do concello de Fene.

Vogal: D. Móises Corral Merino, Policía Local do concello de Narón.

Vogal: D. Alberto Díaz García, Policía Local do concello de Cedeira.

Suplentes de Vogal:

D. Gustavo Adolfo Saavedra Illanes, Policía Local do concello de Cedeira

D. Luis Angel Díaz Vázquez, Policía Local do concello de Cariño.

D. José Antonio Barro Prada, Policía Local do concello de Ferrol

Psicólogo: D. Eduardo Jose Anoeta Rodríguez

Médico: D. Jose Manuel González Felpeto

Suplente: D. Jesús Quintana Yáñez

Terceiro.- Fixar a data para a primeira reunión dos membros da comisión seleccionadora para o desenvolvemento da fase oposición e o primer exercicio da fase oposición os seguintes:

Lugar: Concello de Cedeira.

Data: 24 de agosto de 2009.

Hora: 10:00 horas.

Cedeira, 23 de xullo de 2009

O ALCALDE,

Asdo.: Jose Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=473