
Concello de Cedeira - ANUNCIO
Fecha Viernes, 31 julio a las 11:58:37 Tema PHP-Nuke
Expediente 1AE/09
ANUNCIO
Sendo
solicitada por D.ª Bibiana Roxana Córdoba Piñeira licencia municipal
para acondicionamento de local sito en Avda. Castelao, n.° 53 de
Cedeira para adicalo á actividade de centro de ocio infantil (n.°
identificacion 2.2.1 do catálogo de espectáculos públicos, actividades
recreativas e establecementos públicos) e en cmprimento do previsto no
artigo 36 do Real Decreto 2816/1982 do 27 de agosto polo que se aproba
o Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades
Recreativas, sométese a información pública por un período de 10 días
hábiles –que comenzará a contarse dende o día seguinte ó da inserción
do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia– co fin de que
durante o mesmo as persoas que se consideren afectadas pola actividade
que se pretende instalar poidan examinar o expediente no Servizo de
Urbanismo e Arquitectura, e formular por escrito as reclamacións ou
observacións que se estimen oportunas.
De
conformidade co art. 59.5 da Lei 30/92, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, por
medio do presente anuncio comunícaselle ós interesados ós que non sexa
posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de
notificación, que están notificados a tódolos efectos, significándolles
o prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á
publicación deste auncio para alegar o que consideren oportuno.
Cedeira, 8 de xullo de 2009. O alcalde Asdo.–José Luis Vergara Rey
Link: BOPONLine
|
|