
vPablo Villamar, vicepresidente da Deputación da Coruña
Fecha Viernes, 31 julio a las 11:41:14 Tema PHP-Nuke
O vicepresidente da Deputación da Coruña,
Pablo Villamar, fixo onte unha visita institucional ao Concello de
Cedeira, onde foi recibido polos membros da corporación municipal,
encabezada polo alcalde da vila, José Luis Vergara. Villamar escoitou
as peticións que lle foron formuladas das que, según dixo, “tomei boa
nota”. Tamén explicou que no pasado pleno da Deputación aprobouse un
convenio de colaboración co Concello de Cedeira, en virtude do cal a
administración provincial colaborará na mellora do acondicionamento
dalgúns servizos do pavillón municipal, como a climatización da piscina
-actualmente en obras- e a dotación vestiarios no recinto, entre
outras. A achega provincial para esta intervención, orzamentada en
405.000 euros, é de 350.000, a práctica totalidade do gasto.
 © 2009 Diario de Ferrol
Pablo Villamar percorreu as referidas
instalacións deportivas acompañado polos políticos locais e tamén
visitou os terreos nos que se construirá a Área Recreativa do Toxo,
intervención que se acometerá tamén con fondos do Plan de Dinamización
na serra da Capelada. Villamar confía en que esta obra, en proceso de
licitación, poida acometerse despois do verán, “para que esté lista no
Xacobeo”, indicou. O vicepresidente da Deputación tamén incidiu na
importancia doutros proxectos que se acometerán na vila cedeiresa como
unha ruta á capela de San Antón e novas intervencións na estrada de San
Andrés. “Xa temos os proxectos e esperamos poder acometelos pronto”,
explicou Pablo Villamar.
Link: DFONLine
|
|