Reforzar o papel dos concellos na xestión do urbanismo
Fecha Jueves, 30 julio a las 19:06:01
Tema PHP-Nuke


O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández reuniuse hoxe por segunda vez coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para avanzar na reforma da Lei do Solo. Na reunión tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarna Rivas; o presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro; e os vicepresidentes da institución, así como outros membros da federación. A cita serviu para demostrar que existen coincidencias de criterios nos plantexamentos, feito que facilitará a futura reforma dunha lei que se basea en boa parte nas peticións da propia Fegamp. Medio Ambiente desexa que a liña aberta para a reforma teña continuidade en posteriores acordos sobre asuntos de urbanismo

Cómpre salientar que o anteproxecto modifica 42 dos 237 artigos da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia. Unha das novidades máis relevantes é a redución da tramitación autonómica dos plans, prevendo acurtar de tres a dous meses os prazos das intervencións autonómicas no procedemento de aprobación, excepto as aprobacións definitivas que manteñen o límite de tres meses. Outro punto fundamental é a avaliación ambiental que pasará a constituír parte do contido dos instrumentos de ordenación urbanística, reforzando a cooperación de diferentes departamentos autonómicos no proceso de docmentación e redacción. A reforma fai especial fincapé no solo rústico, recoñecendo a competencia municipal para o outorgamento de licenzas en todas aquelas obras relacionadas coa explotación de recursos naturais (naves gandeiras, silos agrícolas...). O tempo máximo da concesión de licenzas para obras maiores, é dicir, aquelas que necesitan proxecto técnico completo, reducirase nun 60%. As obras menores, aquelas de escasa entidade construtiva e económica, recortarán un 80% no tempo de concesión. O novo do*****ento normativo no que traballa a Xunta tamén tenta adecuar o contido da lei ás características de asentamento da poboación no medio rural de Galicia. Así, o anteproxecto fixa catro tipos de núcleos rurais: histórico tradicional, que recolle o carácter esencial do núcleo rural que mantiña a lei; núcleo rural consolidado, limitado polo grao de consolidación da edificación que será igual ou superior ao 50% da superficie; núcleo rural non consolidado, onde o grao de consolidación se sitúa entre o 33 e o 50%; núcleo rural complexo, caracterizado pola compatibilidade de trazos propios do núcleo tradicional e de calquera dos outros citados. Por último, nos entornos rurais, levaranse a cabo a protección e recuperación de elementos propios da arquitectura rural e a súa estrutura parcelaria histórica. En conclusión, a Xunta de Galicia pretende integrar as peticións do municipalismo galego que non foron tidas en conta nunha anterior revisión da lei, solucionando as eivas que presenta a actual lexislación. Tamén se agarda unha regulación da delimitación urbanística das aproximadamente 30.000 entidades singulares de poboación existentes en Galicia.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=468