TEX - CED : Miudiño - Por Vicente Araguas
Fecha Jueves, 30 julio a las 19:02:01
Tema PHP-Nuke


Sempre díxen que Cedeira (despois de Neda e Ferrol) é miña terceíra patria. Ou matria, ou o que sexa. Mais para mín é evídente, da meirande evidencia, qué Cedeira é espazo aberto, cheo de xente cordial (e moi galego falante, por certo) que fan que sinta, cando estou con eles, unha conmoción na víscera cordial.



Desta volta fun a Cedeira por mor da homenaxe a Leslie Howard. E desfrutei da hospitalidade que prodigan Jane Danko e seu home, Tono. Jane é unha texana, de Orange (fermosura de nome), que pinta e poetiza. Cunha certa inxenuidade, na entrada, que se contradí axíña co dramatismo da súa obra artística. Fun traductor de Jane, do inglés ao galego, e sei moi ben o que me digo. Jane Dako é un pequeno (por miúda) luxo para Cedeira, quen ten como veciña permanente a persoa tan chamativa. Con ela o seu home, Tono, cedeirés de toda a vida, do Café La Marina. Onde por certo dan un café de sete estalos. Como tamén é óptimo o do Ramón, onde comimos o outro día tan rica e baratamente. Eu o que pasa é que son moi cafeteiro, e no país onde o café é, tantas veces, caro e malo resulta confortante atopar onde o saben facer. Paradoxícamente nunha vila pesqueira, onde cabería agardar outros achádegos. En Cedeira, hainos, pero este do café bo semella moi simpático. Como o trato de Tono, falso tímido pois ten conversa moi grata e ton vital de home entregado. Graciñas, Jane e Tono, churrusqueiros, manxar non Tex-Mex senón Tex-Ced.

Link: © 2009 Vicente Araguas - Diario de Ferrol






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=467