
Por que non se publican todas as facturas dos concellos e deputacións?
Fecha Jueves, 30 julio a las 11:57:39 Tema PHP-Nuke
A Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público deixa unha certa marxe de
liberdade a concellos e deputacións para a adxudicación dos denominados
'contratos menores'. Isto é, aqueles que no caso de obras a súa contía
sexa inferior a 50 mil euros, ou a 18 mil no resto.
Esta excepción permite axilizar certas intervencións por parte da administración local. Porén, tal e como denuncian dende as Xuventudes Socialistas,
tamén "permite aos xestores actuar cunha grande opacidade na
contratación por importes que supoñen unha porcentaxe notábel do seu
orzamento".
É por isto que as mocidades do PSdeG
en Ourense propoñen que as facturas derivadas de contratos exonerados
de licitación -os 'contratos menores'-, "tanto de municipios como da
Deputación de Ourense", sexan "escaneadas e publicadas nas webs dos
concellos" ou, de estes non teren unha, "na do organismo provincial". As
XX.SS ourensás queren que a iniciativa se estenda a todos os entes da
provincia, especialmente ao concellos máis pequenos cun duplo
obxectivo: "titelar con rigorosidade a que se destina o erario local
até o último dos gastos" e "avaliar docmentalmente a eficiencia do
político como xestor", segundo apuntou este mércores o secretario xeral
da organización, Jonathan Da Silva. "Maior participación, transparencia e eficiencia" "Os
medios tecnolóxicos deben servir para promover unha maior participación
dos cidadáns, unha maior transparencia e unha maior eficiencia",
apuntaron en conferencia de prensa. Antía García, vicesecretaria xeral,
aclarou que "as administracións deben manter as marxes de
manobrabilidade previstas na Lei, por axilidade" mais, con esta
proposta, de xeito "compatíbel coa transparencia".
A
organización xuvenil fará chegar a suxestión ás institucións da
provincia por medio dunha proposta de moción que remitirán, para que
estuden a posibilidade de a levar a pleno, a todos os grupos municipais
do PSdeG así como ao da Deputación, e aos concellos sen representación
socialista mediante unha instancia dirixida aos alcaldes.
Link: VIONLine
|
|