OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO
Fecha Martes, 28 julio a las 16:31:15
Tema PHP-Nuke


Por mor das queixas que se están a producir pola ocupación excesiva de beirarúas en gran parte do concello-  i en especial en algunhas rúas de grande e perigoso tránsito - co conseguinte impedimento de paso peonil e a abriga de ter que circular polas calzadas, reproducimos aquí parte da ordenanza reguladora do Concello de Cedeira.  Moi especialmente do artigo 11.2 onde se fai referencia o espazo que debe quedar libre na beirarúa en toda ocupación do espazo público.
Recordar que as queixas deben presentarse no concello; e si en algún momento alguén se ve imposibilitado de circular pola beirarúa por non cmprirse a ordenanza pode poñerse en contacto coa Policía Local ( Tfn.: 619 309 449 ) quen deberá garantir o dereito dos peóns e cursar, se é o caso, a correspondente sanción.



ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA.

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos Artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/04, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Excmo. Concello de Cedeira establece a taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, ó que se refiere o artigo 20.3 do propio Real Decreto Lexislativo na súa letra l), e cuxas normas atenden ó previndo no Artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.
ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE.
2.1. Constitúe o feito impoñible da taxa o aproveitamento especial do dominio público local que ten lugar mediante a ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

........

ARTIGO 11: NORMAS DE XESTIÓN.

11.2 As mesas e cadeiras colocaranse como norma xeral adosadas á fachada do establecemento sin superala en lonxitude, de tal forma que quede un paso libre peonil suficiente, de polo menos 1,30 metros de ancho, sempre que con esto non se poña en perigo a seguridade do peón en beirarrúas xunto a calzadas con alta intensidade de tráfico; non obstante poderá autorizarse a instalación con outra disposición cando o solicite o interesado e existan razóns especiais que así o aconsellen. A lonxitude da terraza será a do establecemento, ampliable se contara con autorización das actividades comerciais lindantes ou do titular da finca contigua se non as houbera.


Link: http://bop.dicoruna.es/bop/2007/12/24/07-14914-0.htm






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=462