A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estrea pá
Fecha Domingo, 22 febrero a las 23:30:55
Tema PHP-Nuke


A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ven de pór en servizo a súa páxina web, á que se pode acceder tanto a través da dirección www.axenciaurbanistica.es como a través da páxina da CPTOPT, www.cptopt.xunta.es A Axencia é un ente consorciado do que forman parte a Xunta de Galicia e os concellos que libremente se adhiran a ela. O seu cometido é a vixilancia do territorio para velar pola utilización racional do solo, a ordenación do territorio especialmente na zona rural e a inspección de áreas sensibles como o litoral na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. A páxina web da APLU, que xa está dispoñible, dispón de apartados de información xeral sobre a propia axencia así como espazos concretos orientados tanto á cidadanía como aos concellos. Nela se informa das competencias e estrutura da axencia e se recolle a lexislación tanto estatal como autonómica que é de aplicación en materia urbanística. Para os cidadáns, a web inclúe un apartado no que calquera persoa interesada poderá descargar os impresos necesarios para denunciar as presuntas infraccións urbanísticas das que teña coñecemento. Isto facilitará que a cidadanía poida exercer a acción pública que se establece tanto na Lei do Solo autonómica como na estatal. Tamén estarán dispoñibles os impresos necesarios para solicitar autorizacións para obras, instalacións ou usos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. A páxina web continuarase mellorando coa incorporación progresiva doutros impresos que faciliten a relación entre o cidadá e a Administración.

Pola súa banda, cara aos concellos, a web contempla un apartado no que se incorporarán os convenios de adhesión que se asinen con cada municipio que decida adherirse á APLU.

 Funcións e adhesión dos concellos


Á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspóndelle, entre outras competencias, a inspección e vixilancia urbanística sobre os actos de edificación e uso de solo; a adopción das medidas cautelares previstas na lei do Solo; a instrución dos expedientes de reposición da legalidade e dos expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas; o asesoramento e asistencia ás Administracións Públicas e as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística que os municipios integrados voluntariamente na Axencia deleguen na mesma. Os estatutos da Axencia establecen que serán membros da Axencia a Xunta de Galicia e aqueles concellos que voluntariamente se integren nela nos termos e condicións establecidos. A incorporación por parte dos concellos interesados realízase a través dun convenio de adhesión previamente aprobado polo correspondente Pleno da Corporación e polo Consello da Xunta e que agora poden descargar directamente da nova web.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=46