Concello: crédito para facer fronte a facturas pendentes
Fecha Viernes, 24 julio a las 11:37:18
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira aprobou onte, no transcurso do pleno extraordinario, solicitar un crédito para facer fronte a facturas pendentes de pago. Trátase da posta en marcha dun plan de Austeridade amparado no Real Decreto asinado polo Goberno Central sobre a prestación dunha serie de medidas extraordinarias para axudar aos concellos a facer fronte ás súas débedas e, de paso, prestar axuda aos pequenos negocios e empresarios que agardan a que satisfagan esas débedas pendentes con eles.

Deste xeito, na sesión plenaria de onte aprobouse un plan de austeridade, que esixe o Goberno para facer de avalista desa débeda municipal, en virtude da cal o consistorio deberá comprometerse a tomar algunha medida. Neste sentido, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, lembrou que os impostos municipais no municipio están moi por baixo da media, motivo polo cal se decidiu que se incrementarán algunhas partidas, como o imposto de coches de gama alta ou maior cilindrada, por ser estes últimos os máis contaminantes. Neste caso o incremento da taxa será só do 0,07%. Outro dos epígrafes nos que se deberá conter o gasto é a celebración de festas, "que seguiu unha liña descendente nos últimos anos", explicou Vergara. Aínda que este ano xa se encargou a un grupo de empresarios a organización e xestión dos actos festivos municipais. Por outra banda, un informe do interventor municipal reflicte que se deben facturas desde o ano 2004 que agora poderán ser satisfeitas, tras solicitar un crédito de 150.000 euros que terá validez até o ano 2014.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=458