UN BO HOME QUE SE FOI
Fecha Viernes, 24 julio a las 12:31:08
Tema Colaboradores


A semana pasada deixounos D. Antonio Martínez Rego, ANTONIO DO SEÑOR AURELIO.
Antonio, viuvo de María, deixa dous fillos: Agustín (aparellador municipal) e Antón (perito industrial), desenvoveu unha actividade importantísima en Cedeira nos anos cincoenta, pois era o que levaba a fábrica de salazón e dera traballo a moitas persoas, posteriormente foise a Bilbao e, de regreso, asentouse na súa vila; ainda que era de Espasante, nunca esqueceu Cedeira.
Home crente, alegre, amante da música, gustaba de cantar e tocar o laúd, mesmo pertenceu a varios coros, en Cedeira, Ortigueira e Bilbao.Hoxe, ás seis é o seu funeral na igrexa parroquial de Cedeira. Descanse en paz.
José Antonio Suárez Aneiros.

Link: JASA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=457