
Vergara lembra ao PP que todas as pistas deportivas do municipio están li
Fecha Miércoles, 22 julio a las 11:28:37 Tema PHP-Nuke
En resposta ás críticas do Partido Popular nas que denunciaban o mal
estado en que se atopan numerosas pistas do municipio, así como as
instalacións deportivas, o alcalde de Cedeira, o socialista José Luís
Vergara, quixo saír ao paso destas críticas asegurando que ningunha
pista deportiva de titularidade municipal do municipio atópase en
estado de abandono ou sen coidar. "Todas foron reparadas, repintadas e
dotadas de novas portarías e peches, mesmo a de Esteiro, que estaba
feita uns raposos cando chegamos ao Concello", explicou o rexedor.
Os "populares" cedeirenses tamén denunciaban o mal estado dos noiros e
camiños municipais, ao que Vergara respondeu que "o tractor non para de
traballar, cando acaba de limpar nun lado -incluído un día de limpeza á
semana na praia- xa creceu a maleza noutro que se limpou con
anterioridade". Vergara tamén lembra que "estariamos encantados de
contar cun convenio, como o asinado o ano pasado con Medio Rural, para
a limpeza e mantemento de pistas". Así mesmo, insta aos "populares" a
que soliciten a colaboración da Xunta neste aspecto.
Link: DFONLine
|
|