
Acto de vandalismo
Fecha Martes, 21 julio a las 12:05:05 Tema PHP-Nuke
Un grupo de vándalos causaron unha serie de desfeitas
na localidade de Cedeira o pasado venres de madrugada. Unha decena de
carballos recentemente plantados no paseo marítimo foron partidos á
metade por un grupo de persoas sen identificar.
 © 2009 La Voz de Galicia As árbores medían uns tres metros e acababan de ser plantados en substitución dos que o ciclón Klaus tirou o pasado mes de maio. Ademais, esa mesma noite apareceron unha serie de pintadas na ermida de San Antonio , na igrexa de Esteiro e no cemiterio.
O concelleiro de Terra Galega, Xermán Tobio,
cualificou os actos como «unha falta de civismo imperdoable» e lamenta
que a «canallada» vaia supor un elevado custo económico ao Concello. O
edil asegura que borrar as pintadas das igrexas e o cemiterio e reparar
a fachada pode supor un gasto duns 2.000 euros. Doutra banda, replantar
as árbores custará ao Concello 3.000 euros aproximadamente.
Ata
o momento non se coñece a identidade da persoa ou grupo de individuos
que puideron cometer o acto vandálico. Tampouco é seguro que ambos os
sucesos estean perpetrados polas mesmas persoas. Segundo fontes
policiais, as desfeitas no paseo marítimo e as pintadas das igrexas e o
cemiterio poderían tratarse de actos independentes sen relación entre
si.
Unha muller de 62 anos procedente de
Madrid rompeu un nocello onte en San Andrés de Teixido. A muller estaba
realizando unha viaxe en autobús pola zona con outras 60 persoas máis.
Ao parecer, a muller quixo achegarse un pouco máis ao mar e enganchouse
un pé entre dúas rocas mentres descendía polo cantil. Unha ambulancia e
a Policía Local acudiron ao lugar do accidente.Link: VONLine
|
|