
Fillos, noras e xenros gañan asento "na Deputación de Baltar&
Fecha Martes, 21 julio a las 11:41:10 Tema PHP-Nuke
O fillo do alcalde de Muíños, a nora do alcalde de Xinzo, o xenro do
alcalde de Vilamarín, a filla da muller do tenente de alcalde de
Cartelle... A lista de aprobados na última convocatoria de oposicións
da Deputación de Ourense ofrece un amplo abano de nomes vencellados a
cargos e parentes do Partido Popular na provincia. Desde a oposición
recuperan unha vez máis as críticas xa reiteradas desde hai anos acerca
do presunto "enchufismo" e privilexios no acceso á función pública a
determinadas persoas do contorno do PP. "cmpren a lei, pero de xeito
retorcido", láiase Alfredo García, voceiro dos socialistas ourensáns na
Deputación. Subliña García que ao referírense a estas persoas admiten
que "é legal" o mecanismo a través do cal gañan as súas prazas, pero
que se trata dun proceso "viciado" no que "nin sequera gardan as
aparencias".
"Seguen usando a Deputación para controlar a provincia", acusa o Bloque
"Quen viva en Ourense coñece como é isto, e case nin sequera é
partidista senón incluso personalista", expón Xosé Manuel Fírvida,
voceiro do BNG na Deputación provincial, acusando o presidente da
institución e líder do PP ourensán, Xosé Luís Baltar, de ser a man que
move "toda unha maquinaria que permite controlar todo o proceso de
contratacións". Recorda Xosé Manuel Fírvida a longa lista
de denuncias sobre este tipo de situacións que acmula a oposición no
ente provincial e láiase da inédita porcentaxe do orzamento da
institución que é adicado a gastos de persoal. "Até arredor de 1.200
persoas entre fixos e temporais en tempo de eleccións", calcula. Lembra
Fírvida que o Bloque ten presentado propostas para, baixo as bases de
contratación existentes ou a través da redacción dunhas novas, se
estabeleza un sistema que controle con rigor estes procesos. "E aí
deberan darnos voz a todos, sindicatos incluídos, e non só ao sindicato
controlado por Baltar", reprocha. "Un problema social"
"É un problema social", quéixase García, indicando que o mellor camiño
segue a ser "a insistencia na mensaxe á sociedade de que se trata de
prácticas inaceptábeis". "Se non conseguimos iso seguiremos nun camiño
sen sentido", opina o voceiro socialista, quen di ser escéptico ao
respecto da influencia que poidan ter na situación hipotéticas
modificacións lexislativas en favor de maior rigorosidade nestes
procesos. De parecida opinión é o voceiro do BNG, quen por outro
lado engade a preocupación pola ausencia de vontade da dirección do PP
de rexeitar estas prácticas. "Mentres isto sexa un saco de votos para
eles non van facer nada", censura en relación coa actitude de deixar
facer dos líderes do partido e en especial do presidente do PPdeG e
actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Link: VIONLine
|
|